Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 29/03/2012
Son dos que opino que as empresas e as persoas emprendedoras son as que crean emprego e riqueza. Pero partindo desa premisa, tamén entendo que as empresas que reciben axudas públicas e teñen unha función social, e sin concurso dos traballadores e os consumidores non teñen razón de existir. Con todo o dito, esta reforma, que ten como xustificación falsa a crise económica, nace coxa; nace para ser reformada no paso polo Congreso, pois mal camiñaremos si a parte empresarial e a social non son capaces de chegar a un acordo. Claro que, unha cousa son as leis e o BOE, e a outra a realidade do día a día. E de realidades todos sabemos. Sabemos que nunha sociedade como a nosa soio está ben visto o éxito, e éste consiste en si podes gañar o cen por cen, non te conformarás con menos. A eso chámase facer unha boa operación. Quere isto dicir que, no mundo empresarial e, sobre todo, nas grandes corporacións non existe humanidade: Existen os dividendos chamados gañancias. Por eso deixar facer, ou facer o que che dá a gana na túa empresa sin escoitar a parte social, é algo realmente perigoso. Pois amosa que a ambición económica desmesurada e todo o que iso conleva, sitúas epor riba de calquera outro valor humano. Por tal motivo, penso que, ademáis dos decretos e as normas que regulan o mercado laboral, é sumamente necesario que existan unha normas éticas e un código de boas précticas para os empresarios. A día de hoxe sabemos que hai empresarios, hai explotadores e, tristemente,tamén hai algúns“pillos.” Todos sabemos que hai, en case todas as empresas, a conta A legal, e a B, a oculta. Sabemos que o que se declara, económicamente falando, non é a realidade do que se move. Igualmente sabemos que a día de hoxe aínda hai empresarios que si queres traballar asinas o que pon a nómina, pero cobras menos do que asinaches. E así moitas irregualaridades máis. E todo pola ambición económica desmesurada e sin límites.
Agora que esta reforma laboral lle permite ao empresario maniobrar ao seu antoxo, agora que con xustificar poucasgañancias, podes despedir. Agora,é sumamente necesario a formulación dun código ético e de boas prácticas, que vaia abrindo camiño para dotar a esta terra dun empresariado que asuma uns principios que ate de agora, escasamente se cumplen. As sociedades nas que non existen normas éticas que lle poñen límite á ambición humana, están encamiñadas a seren moito máis inxustas que aquelas que parten dun consenso amplo aceptado pola maioría social que a conforma. Polo que é necesario, ao igual que se fixo noutras cuestións, abrirá porta a un camiño de entendemento entre os axentes sociais.Pero ademáis do dito é necesario que se instauren normas éticas e de compromiso, para que esta sociedade poida ser máis equitativa e xusta; para que poida ser másis homoxénea e non se produzan fracturas sociais que soio preparan o camino de confrontacións e convulsións que empobrecen a convivencia cidadán.
Manuel H. Iglesias
© GC 2025 | Galicia Confidencial | RSS | Legal | Política de cookies | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | Co apoio de dinahosting