Artigos de Manuel H. Iglesias

Galiza Nation

Nos tempos que corren camiñar pola vida con tranquilidade parece ser un obxectivo complicado de acadar. Os acontecementos e novas do mundo que día a día nos chegan axitan a vida traendo moita incerteza.

Falar coas máquinas

Con tanta tecnoloxía que hoxe existe, semella que no canto de ter máis comunicación falamos e socializamos menos, pois as máquinas xa falan por nós.

Mover ficha

A morte do Papa Francisco, abre moitos interrogantes para o futuro da Igrexa Católica. A súa estrutura piramidal de mando vive nun mundo lonxe das bases que son todos os crentes, e esa distancia impídelle conectar cunha sociedade viva que vai modelando cada pouco tempo a súa maneira de ver e de enfrontarse ós problemas que ten a humanidade. Esa realidade deixa ver unha igrexa que semella superada polo dinamismo dunha sociedade en continua evolución.

Fuxir da realidade

Nas loitas do maio do 68 francés, século pasado, alguén acuñou unha frase que dicía: Que paren o mundo que baixo.

Nas mans de ególatras e imperialistas

Cando na política se elixe ós que propoñen solucións sinxelas e radicais a problemas moi complexos, hai que pórse en garda, pois seguro que axiña a maioría social sentirase defraudada e enganada.

Sobre o idioma galego

De que o galego está a perder espazo como idioma xa ninguén o nega. Soamente o fan os que, sen dicilo, traballan caladamente pra que vaia esmorecendo.

A guerra como negocio

Os americanos non dan puntada sen fío. Primeiro véndenlle as armas e as bombas ós israelitas e, dende que todo esta desfeito, dinlle ós perdedores desa guerra, que son os palestinos, que fuxan pra outros lugares que eles queren mercar e reconstruír a zona desfeita pra convertela nun espazo de lecer e así sacar tallada económica do asunto.

Soamente unha visión: a económica

Hai uns días alguén dixo que chegaba ó poder unha tecnocasta. E pode que teña moita razón, pois maiormente, os que rodean o ególatra e narcisista Trump son soamente xente con negocios en grandes plataformas de comunicación que amasan moreas de millóns en beneficios.