Aínda que todo camiña cara o fortalecemento do bipartidismo, as fozas que chegaron para rexenerar a vida política, de maneira moi lenta, van perdendo espazo coas súas decisións contovertidas. E o certo é que, de non mudar as súas estratexias, mermarán e ate disolverse como se fosen un terron de sucre nun vaso de auga. Por iso, o feito de que poidan repetirse as eleccións de novo, pesa sobre as súas executivas e iso pode que faga que algúns opten por mudar as súas posicións e o voto nunha nova sesión de investidura que está por ver si chegará.
Cada quen pode velo como lle pareza, pero o certo é que intúese moi pouca rodadura, sinxeleza e sentido de Estado dos novos xefes partidarios. O rexeitamento, por segunda vez, do presidente en funcións marcou un fito que entendo só ten dúas saídas. A primeira é que os de Pablo Iglesias voten a favor sen entrar no goberno, xogando posteriormente un papel importante para a aprobación de leis e proxectos do executivo, pois deben saber que os seus votos son precisos, pero non chegan pra acadar a maioría absoluta. É de non ser así, so queda a segunda opción que é a da abstención dalgún grupo da dereita, cuestión que parece imposibel.
Iste é o panorama que se vislumbra. A nova esquerda sempre tan ideoloxizada e engreída polo afan de chegar ó ceo; de ser a garda das esencias da política teórica do progresismo e a xustiza social, está a piques de cometer un erro colosal. Esa nova esquerda parece non entender que os seus votos non chegan para aprobar unhas leis importantes; e que o goberno precisa do voto doutras forzas parlamentarias para sacar adiante as contas do Estado, por exemplo.
Pero ademais do dito, despois do que leva chovido, percíbese que, entre todos istes novos líderes, existe un grao moi alto de desconfianza e incluso de certa xenreira. Pois cando chegou a denomidada esquerda dixéronse moitas cousas que son indicativas da falla de expreriencia e saber estar, todas adobadas cun certo grao de mesianismo egocéntrico. Supoño que, para moitos, aínda resoa aquelo de: non nos representan; hai que asaltar o ceo; o da cal viva, e outras lidezas que non son máis ca imprudencias destes dirixentes universitarios e moi teóricos, pero moi pouco experimentados.
E así andamos, pois mentres pola dereita os pactos flúen sen facerlle asco ós neofranquistas, pola banda da chamada esquerda parece que as leas son a causa do desacordo; e iso cansa e moito á xente que votou por esas opcións.
En fin, esperemos acontecementos, pero se a ausencia de sentidiño impera, en novenbro voltaremos de novo a votar. E logo, ó ver o resultado, volverán escoitarse os laios e desafectos dunha maioría social que mira para uns dirixentes pouco maduros e con moito ego, pero con escaso sentido de entendemento e colaboración pra traballar polo común.
Manuel H. Iglesias