Por tal motivo, Mariano Rajoy, sabedor que estamos no tempo da reconciliación, como lle chaman os cregos, lanza a pintoresaca e inxusta idea de propoñer un perdón fiscal para todos os defraudadores, especuladores, mafiosos de negocios pouco claros, que estiveron roubando ao fisco, e darlle a posibilidade de que legalizen ou blanqueen os cartos en negro que teñen agochados, como dicía o Sr. Oubiña, na vija.
O pobo, a maioría dos asalariados, os que xa estamos controlados polo fisco e non temos máis ca nómina, seguiremos rezando para que os recortes económicos non nos machaquen; para que non nos suban máis os impostos e os ben básicos; para que os servizos públicos non se esnaquicen, para que chova e se apaguen os lunes que devoran os nosos montes e as nosas fragas e, tamén, para que medren os froitos das hortas, pois todo fará falla neste tempo de crise. Namentres o noso goberno, renuciando a perseguir o fraude fiscal, anda chiscándolle o ollo aos pillos, aos defraudadores, a todos os que teñen negocios pouco claros para que, aproveiten o tempo da Cuaresma e do perdón cristiano e, así dunha maneira sinxela laven os cartos de negocios escuros e axuden algo ao fisco.
Menudo fiasco pensar que, os que teñen os cartos agochados en paraísos fiscais ou en contas en Suiza, van a vir para ser solidarios coa facenda pública e cos necesitados. Hai que ser incautos. O gobernó dos vascos xa dixo que deso nada.
E digo eu ¿é legal tomar tal medida? Cada día que pasa entendo menos a esta dereita que nos goberna. Cada día descubro máis contrariedades co que hai anos dicían dende a oposición e agora fan dende o poder. Claro, sempre culpando aos anteriores. A culpa sempre é do outro. Miña non.
Estamos en Semana Santa; estamos en tempo de perdón, por iso o Sr. Montoro e compañía falan de darlle a oportunidade de santificarse a toda esta ristra de estafadores. Son os de guante branco. Non uns calquera. Cantas contrariedades hai na vida. Xa mo dicía o meu Parente Paulino: os que teñen os cartos son os que mandan, e o demais éche leria rapaz.
Disfrutemos da mellor forma do tempo que nos tocou vivir e non pensemos moito nestes asuntos. Pois si o reflexionas fríamente e percibes a gravedade e o significado dos agravios comparativos, ves nidiamente a inxustiza das amnistías fiscais e danche gañas de borrarte deste país de patriotas interesados, gobernado polos que se lles enche a boca de falar de España, e axudan, poñéndolle a moqueta, aos defraudadores para que non manchen os zapatos.
Estamos en Semana Santa, estamos en tempo de perdón e blanqueo; estamos en tempo de penitencia e de perdón para os cristiáns, e como somos tan bos, perdoamos todo incluso sin penitencia. E permitimos que se nos estafe e que se nos engane. Serrat cantaba: “que anda buscando escleras para subir a la cruz”. Agora os de abaixo, xa non buscamos esqueiras para subir á cruz. Non. A cruz témola riba de nós co nome de crise económica; co nome de paro e témola que levar nas costas sopotando leis inxustas como a laboral, aumento de impostos e amnistías fiscais para defraudadores sin arrepentimento. En fin, andamos aguzando o inxenio para fuxir dunha situación económica que nos agobia e de medidas e propostas que castigan aos máis débiles pois, os poderosos, sempre teñen quen os axude. E se non que llo pregunten ao goberno actual.
Manuel H. Iglesias