Unidade Galega

A medida que pasan os días, o acordo político para formar goberno no Estado indica que, salvo un milagre pouco probavel, convocaranse eleccións para o vindeiro dez de novembro.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 18/09/2019

  • menéame
  • Chuzar
  • Do Melhor
  • Cabozo
  • del.icio.us
As verbas grosas que os novos lideres do 15M dixeron  referíndose ós socialistas  aínda resoán hoxe e o emfrontamento dialectico creou  tal desconfianza que impediu o acordo. Por tal motivo, o PSOE,  intuíndo moita inestabilidade nun pacto que non lle daba  a maioría no Congreso,  prefire volver a preguntarlle ós cidadáns; aínda que tal decisión é moi arriscada, pois planea sobre o proceso unha forte abstención que pode perxudicar ós partidos da  esquerda.
 
Con todo, a  demostración da falla de hábito para pactar e entenderse, podería ser unha oportunidade para os partidos galegos que, non están sometidos a comités e órganos rexidos dende a capital do reino.
 
De todos é sabido que  as dúas nacionalidades como a vasca e a catalana teñen unha forte representación de seu e que iso ten a súa importancia á hora de facer ver os problemas concretos destas zonas do Estado e buscarlle solucións.  Nun estatus semellante están outras zonas  que tamén teñen unha importante representación na Cámara. Así os valenciás, os  canarios e mesmo os cántabros tamen teñen voz e inflúen nas decisións políticas.  Mais en Galicia, sendo unha nacionalidade historica, o minifundio partidario campa, pois non existe a vontade de coalicción de todos os partidos para acadar esa voz que nos dea visivilidade. Na terra do minifundismo parcelario vive tamén o minifundio político. Polo que non parece que, non exista vontade de crear unha coalicción que, baixo uns principios minimos  consensuados, sexa  a ferramenta para obter  representación no Congreso.
 
Seguro que, despois do dez de novembro, comezaran os laios; pois a soberbia e conformismo dos que soamente aspiran a ser  oposición volverá  levalos a proclamar: xa hai un partido galego. Polo tanto, se queren vir pois que se sumen todos baixo esa sigla e acaten esa disciplina. Nós somos os verdadeiros nacionalistas. 
 
Non sei se moitos cidadáns lembrarán o grande éxito que tivera hai moitos anos a que se chamou Unidade Galega e posteriormente  tamén Coalicción Galega. Pois ben, penso que se a mente de tanto dirixente ilumindado e obcecado  fora capaz de permitir artellar un movemento semellante, o éxito estaría perto das máns. E Galicia volvería a estar con voz nas cortes.
 
A política require que haxa representación que poña os problemas á vista nas mesas onde se decide. A política é pracmatismo e ceder pra gañar e mellorar e non enrocarse na utopía. A política en occidente, que é onde vivimos, é baixar á realidade e facer unha lectura  real  e non ficticia e  ideolóxica do país que queremos. Se non do país que a maioría social quere.
 
En fin: como no Concello das Burgas, as novas autoridades, seica amplían en tres días a  data de troula festiva arredor do magosto, aínda que estemos todos  moi ledos, preparémonos, chegado o caso,  pra votar con cabeziña e dunha maneira atinada. E que salga o que queiran os votantes. Pois o resto non está nas nosas máns.

Manuel H. Iglesias



Un cartel de Unidade Galega

Manuel Herminio Iglesias

Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com