Isto pode intuírse das frases dalgúns lideres que pensan que, sendo necesarios para facer unha maioría parlamentaria, non son determinantes para tela completa. E desa arrogancia que moitas veces leva tras de si unha suposta superioridade ética e incluso moral, nace o primeiro enfrontamento que impide acadar un acordo de goberno.
Somos necesarios para facer unha política de esquerdas din os utópicos; Sen nós non hai garantía de que haberá políticas sociais progresistas, etc. Isto, que escoitamos tantas veces, lévanos a plantexar un dilema que na política está plenamente vixente: gobernar para acadar a utopía ideolóxica ou, pola contra, optar polo posibilismo e o pracmatismo para ir acadando metas sociais de progreso.
Iste dilema sigue vixente sobor de todo nas formacións políticas que priorizan a utopía e prefiren, -casos temos en Galicia para un bo exemplo- vivir sempre predicando a mesma letanía pero sen aspirar a gobernar. Moitos son os que baixo a utópica causa confórmanse con seren sempre oposición e viven enrocados pensando nesa meta que nunca chega. E así négase a posibilidade de facer candidaturas amplas cuns principios comúns que beneficien ó conxunto da sociedade. Nós temos máis votos ca vos e xa somos felices. Nós somos os únicos que defendemos esta terra, etc.
Todo isto lévanos cara o enfrontamento teorico entre a teoría e a practica política. Pois na teoría todo funciona; todo camiña e nada falla. Mais ó chegar á realidade as cousas trocan de maneira alarmante. Exemplos hai davondo en ámerica latina onde o caso máis palmario estaría en Cuba ou Venezuela. Na teoría todo funciona ben, pero a realidade deses gobernos é ben distinta. Pois soamente se adiministran a miseria e as corruptelas son dunha imensidade que arrepía. Pero todo está oculto polo férreo control da prensa.
A utopía sempre foi necesaria como referente lonxano. Pero, sin que limite a capacidade de baixar a pé de rúa e escoitar á xente que non vive da utopía e pide pracmatismo e mesmo poñer en practica certo eclepticismo para chegar a acordos que permitan o progreso nunha sociedade plural e diversa.
A homoxenización ideolóxica, o pensamento único, soamente leva cara un despotismo pouco ilustrado e cara una ditadura. E hai moitos que aínda soñan con tal forma de goberno por un lado e polo outro.
En fin, as utopías na política son como pracebos. Son necesarias como referente, pero coa dosis moi controlada. Pois, toda cerrazón ideolóxica conduce a ver soamente por un buraco e non permite analizar nin percibir as necesidades do conxunto. Polo tanto, despois do 10-N é preciso que os políticos baixen a realidade e apliquen o pracmatismo para chegar a acordos. Pois a xente, que somos o común dos mortais, non vivimos soamente de utopías.
Manuel H. Iglesias