Nesta sociedade levamos moitos anos nos que, fronte a unha linguaxe racional e xustificada con argumentos, impúxose a linguaxe chocalleira da denuncia xenérica sen probas que soamente busca o titular. E un sector moi importante da cidadanía picou aceptando e premiando co seu voto ise xogo perverso. Quedarse co titular e apaludir a quen denuncia sen máis miramentos é o máis sinxelo. Polo que, na actualidade se falas de proxectos de cidade; se falas das cousas que son importantes prara o futuro, non te escoita ninguén. Mellor, esa mensaxe non ten interese. Pola contra, se falas arremetendo contra quen argumenta e fai propostas serias eres escoitado e seguido. E nesa deriva é na que estamos hoxe. Por iso, os problemas de Ourense xa non son nin a estación intermodal, nin o PXOM, nin a praza de Abastos, nin determinados viais para cidade, nin a caída da poboación, nin a desaparición do comercio local, nin os parques e xardíns esnaquizados... Agora os problemas son unha morea de rampas de acceso chamadas escaleiras mecánicas.
Tanta verborrea dicindo que na casa consistorial nos estaban a roubar; tanta denuncia infundada que chegou á xustiza que fixo moito dano e agora apandamos co peor. Os denunciantes foron diversos, uns partidos políticos persoais, tamén algún funcionario resentido por non lles dar o que pedía; logo algúns constructores habituados a facer o que lles viña ben pra o seu peto; e, por último, xuices e fiscais que, pode que polo seu traballo, ate vexan bruxas onde non hai nada de nada ou que tramitan casos que terían que ir pola via administrativa. E deste xeito, todos, como colaboradores necesarios axudaron a esta desfeita. E agora no concello da cidade, cada vez que hai un pleno, temos un espectáculo ridiculo, onde o actor principal, o alcalde, é a estrela da función titiriteira.
O certo é que, en Ourense esa maneira de actuar, e a diarrea verbal de que todo vale con tal de acadar o poder, desfixo un goberno que sí tiña un proxecto pra esta cidade. E como consecuencia axudou a destrucción do creto persoal de moitos e bos cidadáns e, con elo o desprestíxio da institución municipal. Pois compre lembrar que humillouse a un alcalde, machacouse a moitos concelleiros que aínda siguen paseando polos xulgados. E a pregunta é a seguinte: Quen saiu perdendo? Pois primeiro os encausados, dado que o dano persoal non hai sentenza que o repare. Pero que máis perdeu foi a cidade e, en concreto, todos os ourensás. Aprenderemos os habitantes desta Auria algo despois desta desfeita? Esperemos.
Manuel H. Iglesias