Vivimos nun estado democrático de dereito, iso é o que nos lembran a cotío. E nese estado a liberdade de pensamento, de ideas e asociación está recollido na carta magna ó igual que o dereito a autonomía das nacionalidades e rexións de España. Polo que existen partidos políticos que poden defender as súas ideas sempre que o fagan renunciando a violencia e dentro dese marco democrático e de convivencia que nos demos todos. Por iso, partindo dese marco de libertades causoume certo desacougo que cando un dos representantes dun grupo falaba de ilegalizar ideas e partidos ou prender a tal ou cual dirixente, os representantes das demais forzas políticas quedasen todos calados diante tal barbaridade. Si, quedasen todos mudos e non saíran a dicir que vivimos nun estado de dereito e que hai cousas que non se poden facer.
Por iso, ise silencio lembroume algún feito histórico. O golpe militar contra a república en 1936 fíxose, en principio, pra salvala. Fíxose berrando viva a república e logo saiu o que saiu. Unha ditadura de catro decenios.
Hoxe, por sorte vivimos nun estado de dereito no que sempre se fala da separación de poderes e dise que, cada un deles, ten unhas atribucións, e que son poderes independentes. Mais a democrácia é un réxime moi amplo e xeneroso, pois nel caben todas as ideas. Por iso, hai quen, añorando un pasado escuro e ditatorial, se apoia nela para tratar de pisala, pois no fondo, o que pensa é destruila ou interpretala como lle veña en gaña. E iso non é nin máis nin menos que camiñar cara un totalitarismo semellante ó que xa vivimos e que todos coñecemos co nome de ditadura.
En fin, que a dereita estivera calada, pois o que falou é parente ideolóxico, ate podería comprendelo. Pois xa gobernan xuntos. Mais dí moi pouco dos populares e dos de Rivera. Pero, que os partidos progresistas quedasen mudos diante tal ataque é incomprensivel. Polo que, desta vez, todos os que calaron sí otorgaron. Ainda que no debate dos presidenciais o sr. Sánchez si rebatiu e manifestouse contrario a tal xeito de pensar. Polo demais, ise silencio dos que non reprochan tales declaracións, amosa un signo de debilidade democrática, que fai valer o que di o refrán. Pois calar diante os que non cren na democracia e poñen en dúbida o andado nestes anos que leva en vigor, é tanto como blanquear unha anomalía e ter saudade do pasado. E iso significa compartir pensamentos. Pero coidado con xogar coa pólvora.
Manuel H. Iglesias