Pois claro, a riqueza sigue dando grandes e cuantiosos beneficios, claro sin declarar a facenda pública, e por tal motivo un traballador autónomo decidiu participar de tales ganancias, sabedor de que, ao non haber contabilidade, podía amasar unha fortuna sisando os cepillos da basílica. Pero, sempre pasa o mesmo, a avaricia por non saber retirarse a tempo e tomar como vinganza mangar un libro moi famoso, rachou o saco e, o avezado persoeiro, xa está na cadea.
Pero o curioso desta historia, ao meu modo de ver está en dúas cuestións: a primeira refírese ao descontrol que existe do patrimonio cultural que está nas mans da xerarquía católica. Ésta máis preocupada do que produce economicamente a fe e que entra nas arcas como diñeiro ao marxe do fisco, descoida a seguridade dunhas obras de valor incalculable. E, o segundo, radica no aproveitamento político que deste feito fixo o presidente Rajoy. Está claro que cando se está na oposición sempre se critica con desmesura a quen goberna, e logo, cando un é o que manda aprovéitase de todo o que sexa publicidade para sobresaír diante a opinión pública..
Dixo o Sr. Feijoo, presidente da Xunta, que D. Mariano viña a Galicia para potenciar o camiño e tamén polo grande amor que lle ten a esta terra.
Pero a verdade é que veu a facer precampaña para as autonómicas. E non lle importou sumarse a unha pantomima vistosa entregándolle o libro ao responsable da catedral compostelá.
Pero si o libro xa o viran días antes e afirmaran que estaba en perfecto estado, a que ven tal entrega. Claro, para iso hai tempo; pero, para comparecer no Parlamento e dar información de tanto recorte e da situación económica, non. Para facer comparecer aos directivos de Bankia, ou os de Caixa Galicia banco tampouco. Viven os gobernantes actuais necesitados do boato e da publicidade. Facer que se fai sen facer ren. Precisan a foto publicitaria para demostrar que existen e que son donos da situación. E o presidente que dixo que lle chamaría ao pan pan e ao viño viño, actúa como se deso nada dixera.
Pois ben, cando estamos nas vésperas doutro venres de recortes, cando soamente temos rumores e carecemos dunha boa información sobre os graves problemas que sufrimos, o presidente ven para entrégalle o libro medieval ao arcebispo de Compostela.
A obra de Ferrín a que aludín no principio, debuxaba un sociedade galega dos 80 preocupada por nimiedades, pero que esquecía as cuestións importantes que pasaban na terra. E 30 anos despois sigue pasando algo semellante. Esquecemos que temos moitos e graves problemas, pero atendemos a cuestións e a visitas que non son mais que parafernalias baratas e que so buscan entreter ao personal. O miragre dos restos de Santiago, ou de Prisciliano, quen sabe, existe, pois os cepillos producen un impotante caudal de ouro sen declarar. O libro apareceu, viva a parafernalia barata.
Felices vacacións para todos e, ata mediados e agosto.
Manuel H. Iglesias