En todos os presentes respirábase un aire de satisfacción. A música, na cálida voz de Maria do Ceo, xunto coa violao e a guitarra clasica, dábanlle ó evento un aire formal, festivo e moi galego; pois latexaba un aire da terra, unha limpa galeguidade e concordancia coa mensaxe dos premios que non é outra que, promover os produtos da terra partindo de tres premisas: tradición, lingua e innovación.Vir de lonxe e innovar pra ser útil para o cidadán.
Despois da presentación distendida do Sr. Carballido, toma a palabra o presidente da asociación Alvaro das Casas. E faino cun discurso realista e cheo de mensaxes moi claras: Consumir productos galegos da terra e optar pola calidade e axudar a fixar poboación nun rural que se resiste a morrrer ademais de defender o idoma.
Outra cantiga, e chega a entrega dos premios a: Queixerías Bama de Touro e Adega Solaina Minei de Castrelo de Miño. Dúas empresas e dúas formas de rendabilizar o traballo do campo. A primeira, colabora con máis de cincuenta gandeiros e outros tantos empregados. A segunda, xunta máis de 600 parcelas de terra nun único proxecto e crea unha viña de máis de trinta hectáreas co obxectivo de darlle vida a un pobo como tantos que existen nesta terra. Síguenlle as nominacións honoríficas a IXP o Pan de Cea Ourense, e a EVEGA Estación enolóxica do Ribeiro. Os premiados e nominados teñen a palabra e louvan o traballo, o camiño andado e as virtudes dos seus produtos.
Volve a música inundar o ambiente de aire galego. Remata o acto coas verbas do sr. Conselleiro. Logo convídades ós presentes cuns petiscos regados cun viño da adega premiada chamado nove queipos.
Chovía a cachón, mais no pazo dos Ulloa en Esposende, Ribadavia, respirabase un aire de satisfacción pois o numero de produtos etiquetados en galego medra dunha maneira exponencial ano a ano así como o número de empresas que optan na etiquetaxe pola lingua de Rosalía.
Bo nadal e ventureiro ano 2020
Manuel H. Iglesias