Vasos comunicantes

Falaron os galegos, e decidiron que os populares gobernaran outros catro anos. Felicidades aos gañadores. Pero dito isto, a lectura do acontecido é que a teoría dos vasos comunicantes sigue a producirse entre as forzas chamadas progresistas. Pois entre elas cédense votos, pero esta cuestión non afecta para nada ao partido popular que sigue coa súa parroquia de galegos fixa e inamovible. Cuestión esta dificil de asimilar coa está caendo. Polo que, os cidadáns desta terra siguen confiando cegamente nos seus dirixentes e nas súas políticas, pois aínda que nestas eleccións aumentou a abstención e que, con menos votos, o PP mellorou o número de deputados na cámara galega os de Feijoo siguen revosantes de poder.

Por Manuel H. Iglesias | | 22/10/2012

  • menéame
  • Chuzar
  • Do Melhor
  • Cabozo
  • del.icio.us

 

Debe entenderse que, os cidadáns,  preferiron o vello coñecido ao mellor por coñecer. Xa veremos cando a nosa autonomía se convirta nunha deputación ida a menos e os recotes afloren e toquen as pensións, xa veremos o que acontece. De momento ledicia.
 
No tocante as forzas que participaron no proceso electoral a división e a dispersidade do voto favoreceu os resultado dos populares.
 
Con todo, o futuro parlamento de Galiza terá a entrada de Beiras e Esquerda Unida. E xa veremos como se esfarela ese proxecto ou se fortalece, pois axiña aparecerán as contradicións nas propostas e no mando.
 
No tocante ao  PSOE, este  sufriu un castigo importante que de seguro traerá a renovación de dirixentes en días próximos. A división dunha organización é un elemento que axuda á perda de credibilidade diante a cidadanía. Polo que o seu secretario xeral ten os días contados.
 
No eido nacionalista, a división nacida na casa mal chamada común, onde soio unha familia mandaba, levou ao BNG a unha situación que o pon ao borde da desaparición. Veremos agora  que fan as cabezas pensantes. Veremos a quen culpan do descalabro. Agora non está Quintana e moitas persoas creibles fuxiron dunha organización que maxinaba un pais idilico,  e que non soupo flexibilizarse nin adaptarse á realidade social desta terra.
 
Na política galega, e sobre todo no eido nacionalista, ábrese un gran periodo de reflexión. E dentro dese periodo veremos que postura toma Compromiso por Galicia, formación que con tres meses de vida soio aspiraba a lanzar a marca dun nacionalismo moderado que conectara coa gran masa de galegos que ven como o pais fenece lentamente sin que haxa quen lles oferte unha alternativa galeguista crible para deixar de ser cautivos do PP.
 
En fin, nesta terra se houbo un perdedor, estas foron as forzas chamadas progresistas que se traspasaron votos  entre si, por carecer dunha alternativa sólida e concreta a un PP que se asenta como dono e señor de Galicia.

Manuel H. Iglesias



Manuel Herminio Iglesias

Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com