Coronavirus e a xestión da crise

Por admin | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/05/2020

  • menéame
  • Chuzar
  • Do Melhor
  • Cabozo
  • del.icio.us
A declaración en Galicia da Emerxencia Sanitaria o pasado 15 de marzo do 2020 (DOG n.º 51), fixo posible realizar unha serie de actuacións que o goberno galego puxo en marcha de inmediato. Creou o Centro de Coordinación Operativa (Cecop) da Emerxencia Sanitaria en Galicia, á fronte do cal está o Sr. Feijoo. As medidas postas en marcha nesa resolución confinaban a poboación galega nas súas casas. Facía unha serie de excepcións: sanitarixs, servizos de alimentación, gasolineiras, etc... A cuestión principal, era blindar Galicia dun posible contaxio masivo de persoas. Que sucedeu? Que ao non blindar Madrid, todos os territorios fomos contaxiados, en máis ou menos cantidade. Temos unha xeneralización de casos, que poderían ser moitos menos se as autoridades españolas decidiran confinar a xente de Madrid e non permitir o seu traslado (masivo) a diferentes lugares do territorio da península ibérica. En lugar de ter un problema para 7 millóns de persoas, tívose para 57 millóns de persoas (incluído Portugal).
 
Este artigo quere ser unha exposición de feitos, constructiva, do problema, tratando de explicar como chegamos a esta situación e quen son xs responsables da mesma. Non se pode poñer o sr. Feijoo como solución da Emerxencia Sanitaria, cando forma parte da causa que ocasionou as dificultades para resolvelo. Por suposto non é responsable do coronavirus… pero sí das decisións tomadas previamente, que deron lugar a que estemos como estamos e que suceda o que está sucedendo. 
 
O Sistema Sanitario Público Galego é o que debía afrontar con garantías a crise e a alarma social da Pandemia do Coranovirus COVID-19. A incorporación da sanidade privada ás labores de axuda, esta tamén recollido na declaración de Emerxencia Sanitaria. Pero debemos preguntarnos: por que chegamos a este punto de descontrol en Galicia, fiándoo todo a quedarnos na casa...e á sorte?
 
Sabemos que a pandemia do coronavirus puxo en evidencia a política de recortes do Sistema Sanitario Público Galego (e por suposto noutros moitos lugares) e puxo de manifesto a política de potenciación das privatizacións levadas a cabo polo goberno de Núñez Feijoo; limitou a capacidade da Sanidade Pública Galega para facer fronte eficientemente á actual Emerxencia Sanitaria. Os recursos necesarios para planificar estratexias e mobilizar o necesario para facer fronte as emerxencias sanitarias, foron externalizados a multinacionais sanitarias, que agora teñen a información e os datos epidemiolóxicos.
 
A Atención Primaria sufriu en gran medida esta política, polo que apenas conta cos recursos e equipos necesarios para prestar unha atención de saúde baseada na promoción e na prevención da mesma. A marxinación dos servizos de Saúde Pública é evidente, non contan cos recursos necesarios e están descoordinados cos niveis asistenciais das Áreas Sanitarias (que tampouco teñen a estrutura e organización axeitada).
 
O PP está desmantelando os hospitais comarcais, con peches dos servizos necesarios para acercar a atención hospitalaria á poboación máis dispersa e envellecida que vive no rural, o mesmo que as ambulancias necesarias para trasladar enfermos afectados de maneira urxente aos centros sanitarios (as últimas mortes así o atestíguan).
 
A angustia e ansiedade da poboación afectada nunha crise requiren de profesionais e servizos de Saúde Mental, cos que apenas conta o Sistema Sanitario Público en Galicia.
 
Só os recursos da Sanidade Pública, que non teñen como finalidade o negocio empresarial privado, son os que poden garantir e protexer a saúde da poboación, o que deixou de manifesto a emerxencia actual. Os centros privados, derivan os enfermos afectados aos centros públicos e cobran (e cobrarán) cantidades exorbitantes por tratar xs enfermxs e por realizar probas que van ser pagadas pola Sanidade Pública.
 
É curioso escoitar ao Sr. Feijoo dar as grazas, día sí e día tamén, xs “profesionais sanitarixs", esos mesmos xs que el, coa sua política de recortes durante os seus 11 anos de mandato, fixo que traballaran máis, por menos, ao non substituir xs profesionais ausentes. A precariedade laboral levou a que moitxs profesionais de Galicia que foron formadxs durante moitos anos nas universidades e escolas galegas, con cartos galegos, fuxiran de Galicia para traballar en lugares onde o sistema sanitario de turno xs tratase mellor que en Galicia. Estes lugares, sin gastar un euro na súa formación, fanse con profesionais do primeiro nivel (so teñen que pagarlle a/o traductor/a) e así, poder atender, de forma axeitada, as suas poboacións. E mentres, Galicia queda sin profesionais e xs que están, teñen que traballar nunhas condicións de precariedade (xs afectadxs falan de escravitude): contratos de horas cando van ser días, contratos de luns a venres, en postos de larga duración, para aforrarse o sábado e o domingo, centos de contratos seguidos estando na mesma praza, etc. Todo isto fíxoo a persoa que agora dá as grazas de forma hipócrita e que non se cre ninguén dxs que traballan no SERGAS.  Por isto, é primordial, que debemos apoiar todxs (e non de boquilla) ao Sistema Sanitario Público Galego e aos seus profesionais, polo traballo que realizan, en condicións moi difíciles e sen os medios necesarios. O esforzo, dedicación e profesionalidade, queda de manifesto na súa actuación na Pandemia do Coronavirus.
 
Mentres certos individuos canalizan a súa ira cara as víctimas do sistema, xs verdadeirxs responsables da sua crise poden vivir ben tranquilos, porque nin os pacientes enfervorecidxs, nin os recortes en Sanidade lles afectarán o máis mínimo.
 
Que debemos facer no vindeiro goberno que saia das próximas eleccións (que esperemos non sexa un novo mandato do PP, pois moi mal iremos)? Recuperar e ampliar os recursos sanitarios públicos e acabar coa política de recortes, privatizacións e desmantelamento do Sistema Sanitario Público Galego.
 
Debemos restituír ao sistema os instrumentos necesarios para garantir a saúde, a promoción e prevención e unha planificación sanitaria baseada nunha información en mans públicas. Construir un Novo Modelo de Atención Primaria en Galicia é a tarefa principal e temos os mimbres a través do Consello Técnico de Atención Primaria de Galicia, onde 250 persoas, en 15 Comisións Sectoriais, traballaron arreo e teñen os instrumentos para construir a Sanidade Galega do futuro… e por consenso.
 
A día de hoxe que estou facendo este artigo, 20 de marzo de 2020, vexo que o Sr. Feijoo e a Sra. Díaz Ayuso, lle están pedindo ao goberno de Madrid: Equipos de Protección Individual (EPIs), pois dín que elxs non teñen suficientes. Tamén leo que Esperanza Aguirre deu positivo en Coronavirus e está internada nun Hospital Público!!! En Galicia, 5 días despois de declarar a Emerxencia Sanitaria, non estamos preparadxs para ela. En que mans estamos? Podemos fiarnos das nosas autoridades neste momento de crise? Se foron capaces de desmantelar o Sistema Sanitario Público, de que non serán capaces? O balance é: no estado español, o nº de casos confirmados: 18.077 e o de falecidos: 831. Supón un falecido cada oito minutos nas últimas 24 horas. Entre eles, unha enfermeira vasca de 52 anos, a primeira víctima sanitaria da COVID-19. A situación no mundo: Italia supera xa a China en número de mortos. Galicia: 567 casos e 6 falecidos. As persoas hospitalizadas ascenden a 156, 19 delas na uci.
 
A iniciativa privada tamén sae a palestra: Inditex, hoteis de Madrid, etc. poñen a disposición das autoridades sanitarias do estado español, os seus recursos.  Quere isto dicir, que si non o fixeran estes “altruístas”, deixariamos de poder solucionar os problemas que teña a poboación, pois o estado non podería resolver as situacións sanitarias que se vaian presentando? Que estado e éste, que fía a solución da súa Emerxencia Sanitaria a organismos externos “xenerosxs, caritativxs, desinteresadxs, filántropxs”.
 
Solicitar a Dimisión dxs responsables do desmantelamento da Atención Primaria, da demora nas Listas de Agarda, da falta de persoal en todalas categorías, da falta de participación cidadá nos Consellos de Saúde de Área (suprimidos tamén polo PP) etc. é un exercicio baladí,  pois as urnas encargaránse de facelo (recordemos o de Verín, as mortes por non chegar as ambulancia, morbilidade e mortalidade por culpa dos recortes, etc.).  
    
Pero temos un responsable máximo da desfeita na Sanidade Pública Galega, o sr. Feijoo e a súa nefasta política sanitaria (xa de cando era o discípulo abentaxado de Romay Becaría e o seu experimento fallido das Fundacións) e cando foi o nefasto Director do INSALUD. Unha política sanitaria en Galicia, que non pode ir moi ben a nivel público, cando o Sr. Fernández Albor, fundador dos hospitais privados de Compostela, foi Presidente da Xunta e a sra. Rocío Mosquera, que foi conselleira de sanidade (cesada) fora antes directora do hospital privado máis importante de Santiago.
 
A saúde, é o ben máis preciado que temos. En casos de Emerxencia Sanitaria, xs profesionais ahí están, ao pé do cañón, pese ós responsables da xestión, que esperemos non continúen nos seus postos máis pronto que tarde. Váinos o futuro, noso e o dxs nosxs fillxs!
 
 
Dr. Xosé M.ª Dios Diz, Médico Especialista de AP de Outes.

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

1 comentario
1

alberte64

dame que ti non vives en galicia