Feijóo e a mangueiriña

Neste verán, cando o coronavirus sigue condicionando as nosas vidas, e cando ó emérito vaise a vivir ás anchas no Caribe, cúmplense 12 anos daquela foto na que o Sr. Feijoo saíu a apagar un incendio magueiriña en man. Gobernaba o bipartito e o actual presidente quería dar exemplo facendo campaña electoral, dado que tentaba demostrar que todo ia moi mal con aquela coalición de radicais.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 05/08/2020

  • menéame
  • Chuzar
  • Do Melhor
  • Cabozo
  • del.icio.us

E dicía  que cando il gobernara  remataría coa lacra dos lumes que asolan esta terra dende hai moitos anos.  Agora, cando van tres lexislaturas  e os lumes siguen amolándo esta terra con tanta intensidade ou máis  que daqueles tempos, chegou o momento de afirmar que todo sigue igual ou peor que daquelas.

O tempo voa, e os anos pasan,  mais os problemas que teñen diversas causas e que están fondamente relacionados coa morte do rural, siguen sen poder arranxarse e  reclaman  solucións que, despois de doce anos, non chegan. 1535 hectáreas queimadas no lume de Alvarellos indican que as cousas non van ben.

Doce anos van daquela foto e nada hai que nos faga alviscar que esta outra pandemia terá solución.   Doce anos de conto e sen ningún proxecto salientabel coñecido  pra solucionar un asunto que ven de vello. E iso que a terceira lexislatura iba ser a do rural. Menudo conto Sr. presidente.

Esperemos que a pandemia do virus non dure tanto como a dos lumes e que a vacina remate co bicho maléfico e desa maneira poderemos camiñar sen o tapabocas.

Feijoo, desta vez, renovou resultados electorais sen facer o paripé da mangueiriña, polo que   pode gobernar comodamente. O rural galego sigue esmorecendo igualiño que  esta nosa  provincia. Mellor: sigue morrendo. Polo que agora, non estaría mal que os galegos nos miremos no espello e, facendo unha reflexión  individual e logo colectiva, digamos se preferimos que todo siga igual e vexamos o lume campando á beira das casas; ou pola contra lle plantexemos seriamente a quen goberna que atalle con fondura de miras e vista longa un problema estructural que non se arranxa soamente con avións e xente apagado  lumes. Esperemos.
 

Manuel H. Iglesias



A polémica foto de Feijóo apagando un lume cunha mangueira de xardín cando era líder da oposición

Manuel Herminio Iglesias

Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com