Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 26/02/2021
E pra acadar tal cometido, falan da falla de liberdade de expresión e focalízano nun señor que proclama a violencia como método político; ameaza a persoas coa morte e é reincidente no tema. Xa non digamos que o que canta, verbas animadas por un ritmo machacón e cansino, ó que algúns pretenden chamarlle arte, non deixa de ser un xénero de moi nula calidade músical e, polo tanto, unha linguaxe merdenta e chocalleira.
Diante tal panorama, xurde unha pregunta: hai que amparar o insulto, a ameaza e o vandalismo nunha sociedade democrática baixo o paraugas da liberdade de expresión? E, en aras desa liberdade, pódese xustificar a violencia contra entidades públicas, persoas e bens privados? É normal pertencer a un goberno sen condenar esa violencia?
Estas son preguntas que esperan unha reflexión e unha resposta moi clara.
Dende que o Sr. Iglesias dixo que había que normalizar o insulto, moitos pensamos que hai dirixentes políticos que, co afán de protagonismo e de acadar máis votos en río revolto, perderon o norte. Pois pretenden acadar obxectivos políticos á forza de rachar escaparates, saquear comercios, etc. e iso é ir contras as normas básicas da mesma democracia. Mais, rizando o rizo das contrariedades, estes mesmos apóstolos da retórica incendiaria, din que hai que controlar á prensa pois parece que as críticas fanlle dano. Pena que o goberno actual teña que depender dos votos destes individuos.
Que hai que modificar a lei pra impedir que a liberdade de expresión non sexa coartada parece que si. Pero que ninguén se engane, a liberdade de expresión tamén ten límites e liñas roxas. Un ha sociedade non pode estar guiada pola lei da selva.
Moitos dos que agora calan e non se pronuncian contra a violencia; moitos que falan de rematar co fascismo, esquecen que neses extremos practícanse tamén as barbaridades máis grandes contra a liberdade. Xogan co lume estes que pensan que todo o que hoxe temos é unha merda, cando non viron ó que custou acadalo.
Os líderes que non condenan a violencia, ou que agora o fan entre dentes, cometen un erro que seguro lles pasará factura en próximas convocatorias electorais. Que a democracia neste Estado ten eivas, pois si. Que hai que corrixilas, tamén. Mais afirmar que non é un estado democrático é faltar á verdade. Sobor de todo cando estes apóstolos non critican o que acontece en países onde si encadean a persoas polo mero feito de criticar ó goberno ou pensa diferente ós que mandan.
Xogar con lume, e co silencio, xustificar o vandalismo, e un mal consello que pode levar a que estes novos dirixentes salgan nun futuro queimados. Esperemos e vexamos o que acontece, mais por este camiño imos mal.
Manuel H. Iglesias
(I-D) O presidente do Goberno, Pedro Sánchez; a vicepresidenta primeira e ministra da Presidencia, Relacións coas Cortes e Memoria Democrática, Carmen Calvo; e o vicepresidente segundo do Goberno, Pablo Iglesias, sentados no hemiciclo - Europa Press
© GC 2025 | Galicia Confidencial | RSS | Legal | Política de cookies | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | Co apoio de dinahosting