Tamén preguntaban si a data do 14 de abril lles dicía algo. De todos os entrevistados, agás un señor maior, descoñecían do que se lles estaba a preguntar. Polo que, a entrevistadora vistos os resultados, tentaba saber se na escola se ensinaba algo sobor dese tempo histórico.
E todos concluían que na historia de España dende Alfonso XIII pasábase á época de Franco e logo á reforma política que trouxo a democracia. Polo que o periodo republicano, e o que nel acontecera, era algo que quedaba borrado para os alumnos como se non existira.
Como xa choveu dende o tempo da transición política, as preguntas que buscan unha resposta sobor do acontecido nun periodo tal convulso da nosa historia, son merecentes dunha contestación. Pois, agora que hai grupos que falan da manipulación na escola e que soñan con volver ós tempos do oscurantismo nas aulas, é o momento de deixar claro que os pobos que descoñecen o pasado corren o perigo de pegar contra a mesma pedra na que neses tempos se esnafrou a sociedade española. Ou sexa: na do radicalismo e a do enfrontamento irracional, onde a palabra e o dialogo perde espazo, e gáñao a violencia verbal e o que pode acontecer despois.
Quen esto afirma, e un de tantos cidadáns ós que lle roubaron e manipularon a historia. Pois soamente nos contaron a visión dende o punto de vista dos vencedores. E soamente soupemos algo do mundo republicano xa de maiores, e contado con moito secretismo. Vamos, como se fose algo prohibido. Borrar dun plumazo un tempo, agochar uns anos que tiveron os seus avances e os seus problemas, e tamén desordes; obviar un pasado moi convulso, é como arrincar e silenciar unha parte da nosa vida que, pra ben ou pra mal, nos pertence,
Que os estudantes de hoxe, despois de tanto tempo en democracia, descoñezan os avances e contradicións dunha parte da vida en común, iso ven a ser algo que ofende. Unha alumna dun colexio desta cidade que, nos setenta do século pasado, estudaba o bacherelato, conta que o profesor lles dicia o seguinte: Que le diría Franco a Hitler para que España no entrara en la segunda guerra mundial. Que argumento le expondría nuestro Caudillo? Segundo me relata, as alumnas non responderon nada pois descoñecían incluso que houbera unha guerra civil no seu pais.
Despois de escoitar esta anécdota, a resposta parece evidente: pois que lle iba a dicir un tirano ó outro: que era un aliado seu. Ou sexa: un amigo do nazismo un defensor das súas teses.
Se o ser humano se esnaquiza dúas veces contra a mesma pedra, é maiormente polo descoñecemento da súa historia. Por eso, agora que se cumplén anos da proclamación da segunda república, sería un bo momento pra analizar máis o acontecido nesta época; saber das súas luces, que as tivo, como foi a aposta pola cultura e o saber, a liberación da muller; e tamén as súas sombras, erros e desmáns que os houbo. Mais o que nunca pode pasar e que lle rouben e agochen partes da historia ós cidadáns, a non ser que se queira que estes vivan sumidos no descoñecemento e a ignorancia permanente.
Manuel H. Iglesias