E o goberno ao deixar de ser o vixiante e controlador dos prezos, e polo tanto o garante de que o servizo básico da enerxía teña un tratamento como un ben imprecindible, levounos a situación actual na que, o encarecemento da enerxía dispárase e, neste ano con tres subas, chegará a un 11%.
Con iste panorama de aumentos constantes, todos argumentados baixo as teorías dos custes de producción do kilovatio, e da débeda acumulada ou déficit tarifario, chegamos a unha situación que empeza a ser, para as familias, un tanto insoportable. E diante esta situación a pregunta é a seguinte: cal é a función do goberno e do ministro do ramo Sr. Soria? Pois, se nos atemos as declaracións que fixo sobre a subida do 3 % que entrará en vigor o mes que andamos, un pensa que tal ministerio é unha inutilidade. Pois este Sr. veu a dicir que o goberno non debía intervir na regulación dos prezos da enerxía, dado que a súa intervención sería negativa para o custe da luz.
A verdade é que moitos cidadáns non entendemos case nada do que acontece. Pois, se as eléctricas no seu día foron beneficiarías das expropiacións de cantidade terras e tiñan cantidade de bulas á hora de esparexer unha rede eléctrica que era básica para o funcionamento da sociedade, quen goberna agora esqueze estas cuestións e deixa de exercer funcións básicas de control; polo que, quen manda no sector son un conxunto de empresas ávidas de gañar cartos. Tampouco se entende que, si a liberalización traía beneficios, pois a competencia, dicían, sempre foi positiva, como é que agora neste tema somente funciona o principio da regulación dos mercados e como consecuencia soio aporta subidas continuadas da electricidade.
Quen nos goberna deixou de exercer competencias propias para, somentes facer o marco lexislativo legal, claro, despois de escoitar a estas poderosas empresas, e deixar que sexan elas, cos seus cambalaches e acordos ocultos, as que nos sisen permanentemente, iso sí, sen gastar un can na reparación dos vellos tendidos, que en moitos casos están caendo.
O Sr. Soria, á sazón ministro de Enerxía, deixouno claro. Que o goberno non interveña e que todo siga o curso e o ditado do que digan os mercados. E, quén son os mercados? pregunto eu. Pois son as grandes compañías que o mangonean todo. E os usuarios, a pagar o que diga a dialéctica do liberalismo sen control.
Claro, coa bendición dun goberno que asinte. Por eso que, pensando ben, para que queremos un ministro e un ministerio que non pinta nada.
Manuel H. Iglesias