A primeira pregunta é: que esta a pasar pra que nunha parte da mocidade se dean istes comportamentos tan bárbaros?
A segunda é que pasa nesta sociedade pra que esa pequena parte da mocidade actual, esa que medrou en moitas mellores condicións de vida ca dos seus pais, a día de hoxe actue dunha maneira ta brutal?
Logo singuen outras como: que está pasando pra que milleiros de mozos pra divertirse teñan que beber, ou tomar sustancias que poñen en perigo a súa saúde?
Ben sei que toda a xuventude non é así. Pois unha grande maioría de mozos son xente repomsabel que non entra nesas leas tan perigosas nin experimenta con sustancias que poñen en risco a súa existencia. Mais as preguntas precisan respostas e medidas pra revertir unha situación que non vai por bo camiño.
A xuventude sempre foi unha idade na que se practica a tolerancia e o respeto ó diferente. Sempre foi un tempo pra solidaridade e pra colaboración social na comunidade onde vives. Sempre foi o tempo pra idealizar e abrazar compromisos sociais e políticos. Eso era así cando queríamos saír da ditadura franquista. Mais a día de hoxe, sempre salvaldo as excepcións, moitos deses valores perdéronse e a participación social e colaboración desinteresada nos problemas colectivos desapareceu en gran medida. Tamén pasaron a un segundo plano virtudes como a do esforzo pra acadar mellores resultados no estudio, e incluso a solidariedade social coa colectividade.
Pola contra aparecen outras maneiras de actúar un tanto borreguiles como a de facer tropelías en grupo pra difuminar as responsabilidades que delas se derivan.
Vivimos un tempo no que moitos valores básicos e fundamentais desta sociedade están en horas baixas. Nenbargantes esa xuventude que actúa e que se divirte arredor dos botellóns, non ten a capacidade de unirse pra traballar pola mellora social das súas condicións laborais; condicións que a día de hoxe son moi precarias. Ás veces escoitas como se culpa a sociedade de todo o que acontece, no canto de unir esforzos pra e enfrontar o problema. Laiarse sempre culpando ós demais da falta de inacción, de pouco vale.
Un mozo, pagou coa vida na cidade da Coruña a actuación dos que agochados nun grupo agreden en manada como os lobos; pagou caro o odio desas minorías que practican a violencia; desas persoas que soio camiñan pola vida guiados por instintos primarios que están moi lonxe dos valores dunha sociedade democrática e tolerante co distinto.
En fin, mentres nunha sociedade non se protexan os valores básicos de convivencia, de respeto o diferente e estas xentes que actúan en manada non se castigen duro co peso da lei, será dificil atallar un problema que nos avergoña como comunidade humana que quere vivir en liberdade.
Manuel H. Iglesias