Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 21/07/2021
Neste noso estado ate a chegada da democrácia e a constitución do 78, o termo democracia orgánica era o nome co que a ditadura franquista quería branquear a cara do réxime. Non había eleccións libres; o partido único era o que estaba en todas as institucións e cando había unha consulta, tipo referendum, aparecían máis votos que votantes.
Pois ben, falando con cubanos que viven hoxe eiquí e despois de escoitar o funcionamento do sistema politico, chamado revolucionario, a conclusión é que en Cuba o que hai é unha ditadura co nome de democrácia orgánica. Algo semellante ó que había no franquismo. Non en vano Fidel admiraba ó rexime do xeneral golpista. En Cuba, solo hai un partido político legal que o controla todo. E aínda que un pode presentarse como independente ás eleccións na illa, ó final a purga soamente escolle ós do partido. Ademais a xente que pertence ó partido ten unha serie de prebendas que os demais mortais non teñen. E cando hai que actuar e sair en defensa da revolución saen pero defendendo tamén os seus privilexios. Ou sexa: os do partido son unha casta fronte ós demais cidadáns.
O discurso chamando ó enfrontamento do presidente pra frear ós alcumados mercenarios enviados polos Estados Unidos é a milonga que levan repetindo dende hai máis de sesenta anos todos os partidarios do réxime. O bloqueo inxusto non favorece a situación. Mais non é o culpabel de todo o que acontece na illa. O máis triste do asunto é que, despois da explosión dos cidadáns protestando, o sr. Canel pesidente da república tivo que enmendar a plana e aceptar que en Cuba a xente pasa fame física, e polo tanto permitir todo tipo de axuda alimentaria e de medicinas que veñan do exterior sen gravalas con aranceis. Ou sexa, recoñecer que a xente saíu á rúa protestando polo mal funcinamento dos servizos, da fame e tamén pedindo liberdade.
As novas xeneracións de xente xa non cren nesa revolución que, si ben tivo acertos nalgunha parecela como a do ensino, leva sido un fracaso absoluto en todo o demais. Pois Cuba, a día de hoxe non ten industria, e vive practicamente a expensas do turismo. E un país que nada fabrica nin cubre o autoconsumo e depende en case todo doutros estados está condenado o a vivir sempre na miseria.
Un cubano afirmaba que hoxe a illa sobrevive grazas ás divisas dos seus emigrantes. Caso semellante ó que aconteceu en España nos anos sesenta e setenta, pois os cartos que mandaban os emigrantes en Europa foron fundamentais pra mellorar a nosa precaria economía.
Ben sei que os goberrnos dos estados teñen dificil condear as ditaduras, pois os negocios de empresas obrigan a manter unha liña de comunicación sen ferir a estas. Pero o presidente Sánchez dixoo moi clariño: Cuba non é unha democracia. E a bos entendedores sobran máis verbas. En fin, cando nun pais os gañadores dunhas eleccións controladas polo único partido obriga ós que non pertencen a el e non o apoian, pecha os canles de expresión, e trata os discrepantes como disidentes, algo cheira a podre. A ditadura, por moitos adeptos que mova ao igual que o facía o franquismo na praza de Oriente, caerá polo seu peso pois o conto de que a culpa de todos os males veñen do exterior xa ninguén o traga. E cando nun pais, os que gobernan, non fan autocrítica, ou é porque están cegos, ou temen as represalias se perden o poder. Por iso, todas as ditaduras argallaron un sistema de votacións como no franquismo e tamén en Cuba pra branquear o sistema que as pertpetúa no mando. E logo din que o país en custión é unha democracia co adxectivo de órgánica.
Manuel H. Iglesias
Fidel Castro e Manuel Fraga
© GC 2025 | Galicia Confidencial | RSS | Legal | Política de cookies | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | Co apoio de dinahosting