E seguindo a premisa de distanciarme da ideoloxía partidaria e mirar a realidade social dende unha fiestra distinta, vexo a sociedade de hoxe como unha masa social moi manipulabel que actúa, máis que pola razón, pola forza dos impulsos; que valora máis o lecer máis banal que o esforzo individual e colectivo, e todo elo sen decatarse das consecuencias que deso se derivan.
Desta maneira vexo que diante as calmidades da guerra, neste caso de Ucraina, e das súas consecuencias, por estar moi distantes do conflito, caemos no erro en menosprezar o que pode devir pra occidente se a razón do máis forte se impón. Ou sexa: a teoría da destrucción fronte a do dereito internacional; a da imposición fronte a da liberdade dos pobos a elexir o seu destino. De ser esto sí parece que a sociedade non se decata de que, no mundo libre, podémolo pasar moi mal se a liña da forza se impón fronte a da razón e fronte a defensa dos dereitos humanos.
Vexo tamén que neste noso Estado a ausencia de ética e de principios, permítelle a algúns privilexiados facerse de ouro a costa do sofrimento dos demais. Un rapaz de familia ben, dixo que é perfectamente legal dar pelotazos e gañar cartos por facer de intermediario pra mercar tapabocas nun tempo cando morria xente a esgalla. Isto implica santificar os fraudes económicos como o que fixeron na comunidade de Madrid durante a pandemia.
E seguindo iste camiño, tamén percibo que, no eido máis proximo que é a nosa cidade, as mentiras na política son o caldo de cada día. Pois en Ourense Jacóme colgase medallas mentres insulta ós copañeiros que o manteñen na poltrona. E pregoa que é o que ten as ideas; que é o que fai todo e que é o que arranxa todas a cousas que están mal. Vamos, que temos un alcalde que falando é un crak e contando trolas tamén.
E neste contexto titiriteiro, que é no que se convirten os plenos en Ourense, iste señor anima a que outros denuncien ós concellais da oposición. O asunto é desfacer á oposición.
As cousas no noso día a dia son asi de retortas. Mais hai quen por unha pequena subvención axeónllase e fai o traballo escuro que lle mandan e, pola contra, hai quen seguindo os seus principios marcados por unha ética non denuncia e deixa pasar que lle chamen matón e macarra.
En fin, o profe dicia que pra filosofar había que distanciarse dos problemas e velos dende unha optica distinta. E agora que estamos no que foi un tempo de reflexión cristiana, digo foi, pois hoxe en día é un tempo basicamente de lecer con certo grao de folclorismo, e nalgúns casos histérico, pode ser un bo momento pra meditar sobre a situación da humanidade e pensar como actuamos no día a día todos.
Ben sei que, despois de dous anos case pechados, precisamos saír cheirar as flores e ter contacto coa natureza. Precisamos falar uns cos outros vernos e falar. Maís iso non é impedimento pra que, dalgunha maneira, fagamos unha autoexploración de como actuamos na vida, e miremos ó noso arredor pra decatarnos de distinguir na politica o grao da palla. E se é posibel arredar de nos os fanatismos desa xente que so ve a súa verdade, e que son os que ameazan a sociedade das libertades que hoxe temos.
Manuel H. Iglesias