Desta maneira podemos entender moitos dos conflitos sociais e tamén de ámeto mundial que, baseados nunha lei non escrita, siguen existindo. Todos sabemos como a chamada lei do máis forte existe e manda en moitas socidades. Ise principio non está recollido en ningures, máis todos intuímos que funciona e, desgraciadamente, moitas veces con el temos que convivir.
Outro dito que funciona igual que o anterior é o seguinte: O peixe grande sempre come ó pequeno. O que ven a confirmar que, dunha maneira ou doutra, se te enfrontas a un poderoso, aínda que teñas a razón pode que nunca chegues a acadala e, como consecuencia, leves sempre a de perder.
A día de hoxe, segundo as leis vixentes, os estados son soberanos de elexir o seu destino; son libres de escoller ós compañeiros de viaxe; de pactar con quen máis lles guste ou lles conveña. Máis vemos, con toda claridade, que en moitos casos, as cousas non son así. Neste senso parece que volvemos ós tempos das invasións; ós tempos das cruzadas, onde o sometemento pola forza e a conculcación da liberdade das persoas e das nacións estaba ó capricho dos conquistadores. E iso é o que hoxe está en tela de xuizo. Pois, si eso é así, de que valen os organismos mundiais e as leis que acordan? Nos tempos actuais, o exemplo máis palmario témolo na guerra que se libra en Ucrania. Con moita frecuencia, vexo nas redes sociais como aparecen os defensores que, en aras de eliminar o fascismo xustifican a invasión dun pais libre como o mencionado. Ben sei que en política todo o que se faga sempre é xustificable. Vexamos: cando un goberno promulga unha lei ou un decreto que sabe que é regresivo e que perxudica a moitos cidadáns, o preámbulo sempre pon e xustifica que é pra mellorar a vida de todos.
Pois ben, a día de hoxe, aínda que non o pareza, estamos nunha situación onde, principios básicos de convivencia entre os pobos están en xogo. Polo tanto, non se trata de bos e malos. Ou de si uns son ruíns e os outros son máis ruíns cós primeiros. Trátase de que fundamentos básicos nos que se asenta a convivencia entre os pobos, estados e nacións debe ser respectado. E nese senso é cando as leis non escritas superan e vulneran as leis escritas que están en vigor.
Por todo elo, si este principio básico se vulnera, o mundo voltará á vivir baixo a lei do máis forte. Volverá a ser un campo no que os conquistadores, homes que queren pasar á historia dalgunha maneira, serán os que impoñan a forza por riba da razón. E si esto acontece todos nos laiaremos. En fin, as leis non escritas semellan un parecido a certas tradicións regresivas que esnaquizan a sociedade. E a eso chamase regresión social, ou camiñar cara a idade media.
Manuel H. Iglesias