Co paso dos anos a realidade social foime sinalando que as cousas non son como as pintaban e contaban naquela escola triste e autoritaria. A política da forza e da conquista polas armas era a que mandaba e a que se predicaba dende o réxime; era a que se inpartía na maioría dos centros de ensino. A miña compañeira e muller cóntame que no colexio da cidade onde cursaba o bacherelato, un profe moi coñecido que xa finou, facíalle a seguite pregunta ás alumnas: “Que le diría Franco a Hitler para que no nos invadiera España como lo hizo con ontros paises de Europa.” Pois ben, diante esa pregunta, todas as rapazas da clase quedaron caladas. E digo eu, que lle iba dicir: pois que era o seu aliado. Ou sexa: outro admirador daquel réxime noxento de asesinos. Pois neses tempos e nesas escolas era nas que sempre se falaba deses grandes conquistadores que arransan os países pero que pasaron á historia como grandes heroes. Mais, os anos, e sobor de todo, o tempo que vivirmos en liberdade, trocou a forma de ver a vida e impuxo unha visión moi distinta a da película que nos contaban daquelas.
Agora, cando o principio de soberanía dos paises esta recollido na carta das nacións unidas ONU, e cando desapareceron os bloques ideolóxicos con modelos distintos na economía, rexurde da man dun autócrata como Putin un serio perigo para o mundo das liberdades; e o comcepto de soberanía das nacións e dos estados ponse en cuestión coa invasión de Ucrania.
Polo tanto, a pregunta que a moitos nos ronda na cachola, e a seguinte: cando o sistema económico e igual en todas as partes do mundo, cal é o motivo desta deriva que pon en cuestión e ameaza ás democracias europeas?
A resposta é complexa, pero a amenaza real. No fondo, son dous elementos os que se xuntan e actúan á vez coodenadamente. O primeiro é tentar acadar o control das enerxías que hoxe son básicas pra mover a economía e por extensión o mundo. A segunda o afán de voltar ás fronteiras que antes tiña o Telón de Aceiro. Ou sexa: a Unión Sovietica. Dito doutra maneira, Rusia quere manter baixo o zapato ós estados que pertenceron ó réxime comunista.
Hai uns días finou o pai da Perestroika. E o desprezo con que Putin o tratou é un indicativo de que, pra este autoritario gobernante o seu legado foi moi negativo pois con el desintregoruse a chamda Unión Sovietica.
Vivir en democracia, aínda que esta teña as súas eivas, é moi complexo e delicado. Europa leva dende o ano de 1944 un periodo de paz no que se acadaron moitos obxectivos que redundan no nivel de vida dos países e das xentes que neles vivimos. Hoxe, por mor da guerra, promovida polo autócrata Putin e apoiado por China, vense nubes escuras que anuncian tempos incertos. Con todo o acontecido, esperemos que escampe e que a enerxía non se convirta nunha arma de guerra como xa acontece. Por elo, é preciso que á historia pasen os que gobernan pra acadar mellor nivel de vida; que pasen os que respetan os dereitos humanos, os paises e as fronteiras, e non os conquistadores que invaden e eliminan a soberanía dos outros co afan de que historia os lembre como grandes gobernantes.
Manuel H. Iglesias