As imaxes de mozos berrando e insultando ás mozas que tamén estudan no colexio elitista que están na outra beirarúa, son un feito pra meditar e reflexionar sobor da educación en igualdade. Ben sei que hai quen xustifica o acontecido, como bromas des estudantes. Mais o asunto, se o miramos con frialdade, ten certa miga, pois non son só os insultos ás mozas, se non tamén os cantos e saudos os ditadores da historia recente europera.
Pero que é a tradición? Pois tirando de definicións escollo a seguinte: “a tradición é unha costume ou doutrina que se mantén de xeneneración en xeneneración e que vive na mente colectiva das xentes que forman unha comunidade humana.”
Polo que, moitos feitos, actividades ou teorías que se repiten varios anos e son aceptados pola comunidade social, pódense mester baixo o paraugas da tradición. Mais a tradición non é algo inmutable. Pois as sociedades e a forma de pensar mutan en función de filosofías, problemas, descubrimentos, inventos e, en resume, formas de ver a vida. E dende ise momento a tradición deixa de ser un elemneto fixo e pasa a ser unha costume ou teoría revisable que ten que evolucionar segundo os tempos.
Pois ben, referíndome ó caso do acontecido nese colexio relixioso de élite, onde parece que os instintos máis primarios dos humanos saen á luz en persoas ás que se lle supón unha formación, o acontecido, que foi portada nos medios de comunicación, non se pode calificar como tradición, aída que leven anos repetindo esa sarta de insultos ás mulleres. Tampouco se pode entender como a gamberrada dun mozo dado que os demais sairon a coro apoiando os berros do primeiro.
E esto sinala que, no fondo, hai unha visión da igualdade moi cativa e mnosprezante nalgúns sectores sociais. Polo que, hai certas clases que forman un cículo pechado co resto da sociedade; clases que camiñan en mundos moi distindos ós da grande maioría. Sectores que non ven claro o da igualdade entre homes e mulleres; que non aceptan o reparto de tarfefas no fogar e que cousifican ás mulleres como se foran obxectos. E por moito que, a contestación das rapazas insultadas como putas e ninfonas se xustifique como unha broma sen maís, a reflexión que como sociedade debemos facer é moi necesaria.
A tradición, non pode amparar estas cousas. Non pode ser o mantra que permita que se fagan e cometan estas aberracións. Dado que si a tradición non evolucionara e fora algo inmutable, hoxe estaríamos mantendo o dereito de pernada ou tirando a cabra viva dende o campanario, e poderíamos seguir sinalando moitas cousas máis amparadas por ese termo.
E se non lembrade que, non hai moitos anos se “xurabas en público ou dicias tacos e outros calificativos tiñas problemas, pois non era ben visto pola maioiría da sociedade. O acontecido nesa casa, onde se supon saber, educación, e valores humanos, os insultos que se verteron non so deixan en moi mal lugar ós que o fixeron, se non a esa institución de ensinanza. En fin, que por moito que lle quiten ferro o acontecido, a carta de presentación desa institución ten unha chata escura no seu haber.
Manuel H. Iglesias