A nosa sociedade evoluciona e non sempre cara feitos positivos. Estamos no tempo dos populismos electorais e, como lle escoitei a un mandatario do que non quero lembrar o seu nome, o que se promete é unha cousa e o que se fai outra ben distinta. Ou sexa: prometemos o ouro e o mouro, e logo faise o que lle convén, ó suxeto de turno, e sempre en nome dos cidadáns.
Eu fago o que quere a xente, repite con teimeza o que así actúa. Mais no fondo o que buscan istes persoeiros é unicamente manterse no poder dilapidando os cartos públicos sen pudor nin vergoña ningunha.
Por tal motivo, como o importante é dilapidar os ocartos publicos, pois búscase a un cidadán que se preste e, naquel barrio omde nunca houbo unha festas tradicionais, móntase unha. Quen a paga? Pois o Concello cos cartos de todos, a cambio de que o alcalde faga un pregon que ven a ser un mitin propaganda louvando o seu bo facer.
Esto é o que acontece moi perto de nós. O obxectivo é darse un baño de admiración coa xente nova que, inconsciente dos obxectivos, apalude a unha persoa que ten moita labia e que pretende convencernos de que todo na vida é esmorga e pasalo ben. O demais, os problemas, non teñen importancia. E, polo tanto, pra el é como se non existiran.
Ourense, especialmente a cidade, está a escribir unha páxina escura e triste da súa historia. Está a vivir un tempo de menosprezo da intelixencia que está sendo sustituída pola ocurrencia, polo disparate e o ninguneo institucional. O desleixo do queé público non é importante. Mentres promocionase o divertimento chocalleiro como única arma electoral.
Os cartos públicos investidos en trangalladas e a urbe camiña sen proxecto nin saber cara onde se vai dentro do conxuto das cidades galegas.
O descredito invadiu a institución municipal. Quen é o culpable? Pois os culpables somos todos en certa medida. Uns por menoprezar o poder de convicción dun engreido predicador de solucións drásticas e máxicas, e tamen de non sermos conscientes do que se viñña enriba; e outros por apoiar e crer milongas cheas de fantasía, ou se o prefiren, contos baratos.. Logo quedan os terceiros que, por manter a cadeira da Deputación, pactaron con quen axiña os arredou do goberno do concello pra ter as mans libres e agora facer o que lle peta en nome dunha cidadanía anestesiada; cidadanía que mira pra unha luces horteras, como se non vira nada semellante no mundo. En fin, na historia desta cidade quedará plamado que temos un alcalde mitineiro que empregas os pregóns como escusa nas festas inventadas para mocedade por pura comenencia electoral. E todo baixo a excusa de que eu fago o que quere a cidadanía. E a cidadanía un tanto noqueada asiste impavida a un triste espectáculo. Polo que sen pudor e medo a enganarme digo: Ourense dame pena.
Manuel H. Iglesias