Esta noticia lémbrame moitos casos de persoeiros que alentaron e lideraron movementos populares revolucionarios falando de democracia e liberdade, e que se ergueron contra ditadores; máis co paso do tempo, e acadado ó poder, convertíronse tamén en déspotas e tiranos tanto ou máis cós que eles derrubaron.
A historia do século vinte ten moitos exemplos que valen pra ilustrar e confirman esta triste metamórfose política. E pra elo, non fai falla lembrar o que foi a revolución rusa, nin o que aconteceu no noso Estado cando os militares sairon enganados pra salvar a república e logo viraron cara a ditadura de Franco. Chega con ollar a America latina pra ver o que a día de hoxe ainda acontece.
Tomarei dous exemplos de paises do Caribe. O primeiro é Cuba onde a familia Castro, despois de encadear a moitos que con Fidel loitaron contra Batista, estes descendentes de galegos, instauraron unha ditadura que ainda perdura e que ten a Cuba sumida nunha situación decadente que arrepía. Outro que tal baila e que foi un lider do Sandinismo, é Damiel Ortega. Pois este persoeiro enarbolando a bandeira da liberdade, agora encadea a oposición o ígual que facía ó ditador Somoza contra o que loitou, ou que fai tamén Putín en Rusia. Encadear ós disidentes, ós que critican a forma despótica de exercer o poder.
Non sei que ten o poder, que cando se asume, un quere perpetuarse nel a costa do que sexa. Son dos que pensa que a democracia é o réxime menos malo. Pero tamén que acadar esta forma de goberno e mantelo require unha dose grande de dialogo e de sentido de que o poder é da xente que libremente se expresa nas eleccións e non unha leira propiedade de quen manda. O que agora acontece cos disidentes nicaragüenses lémbrame cando Franco condenou os exisliados republicanos como apátridas. E gracias a Francia que lles deu a nacionalidade moitos puderon refacer as súas vidas.
Onte vin nas redes como o nome dun repúblicano ourensán tiña unha rúa nunha cidade francesa. Os republicanos exiliados eran españois, pero non tiñan patrias egundo Franco. Os ditadores son así de crueis. Son tiranos ós que se lles sube o poder a cabeza e se sinten unxidos incluso por unha divinidade que os puxo nel. Logo quedan os países democráticos que, coma o noso, fan valer unha frase que dixo o político inglés Winston Churchill: “Inglaterra non ten enemigos, ten intereses” E esa frase sigue tendo vixencia. Pois a España democrática, por intereses económicos e de fronteiras, esquece ó Sahara que foi colonia española e pacta con Marrocos, pasando polo forro o que din as nacións unidas. Ou sexa: facer un referendum de autodeterminación do pobo saharaudi.
Son cousas da política que se repiten a cotío. Pois ben, agora os EE.UU. por intereses diversos, sálvalle a cara a un ditador que encadea á oposición e que, no seu día, aparecia como un liberador dun pobo oprimido. E di que o fai pola defensa dos dereitos humanos e outras cousas que poden ser boas para os dous estados. Cousas verdes. En fin, que terá o poder que, dende que moitos chegan a el por eleccións truncadas ou con golpes de estado, agarranse a él e matan e encadean no nome da patria. De pena.
Manuel H. Iglesias