Política boa e política mala

Cando estamos a sete ou oito meses da convocatoria de eleccións xerais, e cunha moción de censura sin futuro ás portas, parece un momento acaído pra falar do resultado do primeiro gobermo de coalición da época democrática, e tamén do que se entende por política boa e mala.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 01/03/2023

  • menéame
  • Chuzar
  • Do Melhor
  • Cabozo
  • del.icio.us
Claro, que primeiro hai que lembrar que dito goberno quedou bautizado pola oposición con moitas descalificacións, pois naceu dunha  censura, feito que nunca acontecera neste noso Estado.  Citarei varios calificativos: goberno frankestein, ocupa ou traidor que vendeu  España ós separatistas cataláns. Ben sei que o principal socio do goberno, Podemos,  sempre fala no seu argumentario de política vella e politica nova. E faino como se a  política que eles practican fora unha novidade, e todo o que existía ata o momento non valía ren e había que tiralo ó caixon do lixo. Con todo,  antes de  opinar sobor deste goberno,  hai que lembrar varios aconteceres  cós que tivo que apandar e que non estaban na axenda das previsións. O primeiro foi a pandemia do Covid, logo seguiulle o volcán na illa da Palma, e despois apareceu a guerra de Ucrania. 
 
Supoño que milleiros de cidadáns intuirán  que, durante futuros mandatos,  as maiorías absolutas serán moi complidadas de  acadalar.  O chamado bipartidismo, aínda que sigue a ser o eixo da poítica de Estado, debido á aparición doutras forzas, ten complicado chegar a maiorías absolutas, polo que  as alternativas de formar goberno pasan polo  pacto ou coalicción  con  outros partidos.  Co que, pra ser o primeiro experimento de coalicción, a calificación ate podería ser aceptabel, pois trouxo cousas posivas e tamén sombras que crearon incertezas.
 
Mais o que me chama poderosamente a atención é que os dirixentes do grupo político que naceu o abeiro do 15 M, sigan coa matraca de política vella e política nova. Pois como lle dixo o señor Ortuzar do PNV,  en políca soamente hai: política boa e mala.  Ademais, ise termo machaconamente empregado, lévanos a unha reflexión; levanos a unha valoración  que dá a entender   que,  todo o vello é malo,  e  todo o novo é innovador e bo. Cando eso non é máis ca unha falacia un tanto pueril que se pode comparar con outra que  que di: todo o moderno é  progrerso fronte o que xa existe é que se considera vello, cando  o termo modernidade non sempre significa progreso nin sempre trae cousas positivas.
 
Ás veces os cidadáns percibimos que, un certo grao de infantilismo e de falla de experiencia,  impide deixar de lado ises brotes de arrogancia que moitos  públicos  moi novos teñen.
A afirmación de políca vella e nova, ten tras de sí unha carga de desprezo do que existe, fronte o que se considera novidade. E iso é un gran erro. Ben sei que de novos todos iamos comer o mundo; iamos correxir todos os defectos que ten esta nosa sociedade. E iso xa lle pasou ó cabaleiro Mancha “don Quijote”. E ó final rematou a súa andaina  vendo a realidade  e admitindo, en certa medida, ó seu fracaso. Mais os atrevidos e atrevidas que chegaron pra rematar coa política vella, a pesares dos erros evidentes;   ademais de culpar a outros dos  deles, non admiten que a súa política nova levóunos a meter a gamba nalgunhas leis, e  diante tal despróposito non teñen a valentía  correxir e se non,  dimitir. En fin: o termo política vella e nova, ten unha carga que ven a decir que todo o  vello, incluso as persoas  coa súa experirncia,  son algo que hai que  deixar de lado.  Cando eso é un erro,  pois soamente hai politica boa ou mala. O demais é un conto. 

Manuel H. Iglesias



Santiago Abascal (Vox) e Pablo Casado (PP) no Congreso / EFE

Manuel Herminio Iglesias

Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com