Esta noticia tróuxome á memoria o que con frecuencia lle escoito a algúns políticos. Ben sei que son ditos interesados que agochan unha visión moi centralista e patrimonial do Estado. Pois veñen a dicir que somos unha provincia probe e que, polo tanto, está subsidiada. Ou sexa somos deficitarios e grazas ó papel do pai estado vivimos.
Esta afirmación de parte fíxome lembrar que, en España o réxime das autonomías nado da actual constitución, plantexou unha descentralización política e administrativa pra, entre outras cousas, mellorar o desenvolvemento dos diferentes territorios. E creo que en algo favoreceu ás comunidades. Mais o réxime das autonomías non permitiu a descentralización económica, mantendo as excepcions de Euskadi e Navarra. Pois, calquera empresa que opera en calquera parte da península, pode facelo sen manter a súa sede onde fai a súa actividade; o que implica pagar os impostos onde se inscribe e non onde opera. Co que a riqueza desa provincia ou comunidade non revirte onde se extrae a materia prima ou fai o proceso industrial. E iso é, para os diferentes territorios , un fiasco moi importante. Se hai un tempo, por poñer un exemplo, Fenosa estaba en Galicia e cotizaba nesta terra, agora sigue a operar no mesmo territorio con outro nome, máis cotiza en Madrid ou noutro lugar do Estado.
Pois ben, Ourense produciu, segundo a informacion referida 2134 GWh (xigavatios-hora). Polo que somos un dos productores de enexía electrica máis importantes de todo o Estado. A comunidade de Madrid que é a gran consumidora, somente produce un tercio do que gasta. Esto que afirmo tamén acontece noutras actividades. Polo que a provimcia, e tamén Galicia, sae perdedora á hora de recadar cartos pra súa facenda.
E diante esta realidade cabe preguntar a razón do silencio dos deputados tanto do PP como do PSOE por Ourense. Pois a súa inacción diante esta inxustiza é evidente. Ben sei que esas forzas políticas, cos seus comites centrais na capital do reino, non están pola labor da descentralización econommica. E os seus representantes provinciais limítanse a quentar escano e esquecer unha realidade que nos marxina grandemente. Polo que rematar con esta inxustiza sería unha obriga deses diputados que din representar os ourensás e os galegos. E pra iso habería que obrigar a esas empresas a contizar, polo menos, proporcionalmente pola cuantía da enerxía ou das actividades que teñen na provincia ou en noutras partes de Galicia. Pois, si eso non se fai, toda esa riqueza que sae dos nosos encoros e dos eólicos nunca será unha axuda pra unha provincia na que, segundo a visión centralista, sigue a ser unha provincia e unha comunidade que vive a conta do Estado. En fin, que como moitos ourensás, percibo que a representación política que temos nas cortes é mais testimonial que outra cousa. Ou mellor, é un fiasco que permite que Ourense siga nun estado de inxustiza económico permanente. Pois este tema nunca está, nin ten viso de chegar a estar, na axenda dos dous partidos que se alternan no poder a nivel de Estado. Polo que compre que os ourensás agucemos o sentido do voto e teñamos en conta estás cuestións que non son menores.
Manuel H. Iglesias