Iste podería ser o resume do que lle acontece a moitas autoridades que a día de hoxe mandán e son os suxetos destas novas que se fala delas con moita retranca e que sirven de mofa pra rirse dos que nos gobernan. Ah, eres da terra da chispa? Pois a ver cando lle dades a volta a situación e se fala de cousas positivas desa cidade e provincia.
Hai uns meses o noso alcalde tamén foi cazado e sancionado na cidade de Vigo por circular co coche oficial a máis velocidade da permitida. Mais aínda hoxe non sabemos quen era o condutor do coche amarelo. Eso é unha minucia pensan moitos. Total que máis dá, paga o Concello. Polo que asunto concluído. Pero o curioso do tema é que os concelleiros da oposición, e tamén os do PP da corporación, pedían saber o nome de quen guiaba o mentado coche oficial. E agora ainda non escoitei que pediran que o Sr. do pazo provimcial diga quen levaba o coche as outras veces que foi sancionado. Supoño que será un misterio pois o xefe do parque tampouco o sabe.
Ben sei que son pequenas trasnadas as que pasan en todos os sitios onde hai coche oficial. O exercicio do poder cando é por moito tempo agocha moitas irregualridades dos que o exercen. E como son asuntos pequenos, poucas saen á luz.
Agora que saen cada día novoas sobre o rei emérito, outra boa peza; agora que todos saben que fixo caixa e que foi un danzante, un pillaban, ou si o prefiren un truhan como di Julio Iglesias, xa non chega con dicir: “Lo siento me he equivocado. No volverá a suceder más”
Polo que pedir disculpas como fixo Juan Carlos xa non ten credibilidade. Iso soamente é un xesto con moi pouca grantía de non volver a facer a trastada máis veces.
Pedir disculpas, coa boca pequena, non debera ser suficiente. Pero estamos en Ourense e parte da sociedade non esixe mais. O acontecido lévanos, penso, a estrenar un tempo novo: O das disculpas do mal pagador. A deriva cara abaixo comenza a tomar corpo e xa veremos onde nos leva. Agora que estamos ás portas dunhas eleccións e a claridade na xestión debera ser un exemplo a seguir, nunca se fala nin se fai de Balance. E non debera ser así. Agora é cando hai que falar do prometrido que foi moitísimo, do feito que é moi cativo, e de como quedan as contas nas arcas desas institucións. Pois en Ourense, as promesas dese Sr. e de Jácome, foron moitas e os feitos moi poucos. Se a caso o despilfarro en obras, moitas delas innecesarias; obras que van deixar un burato económico para os que veñan. Dado que as que eran moi necesarias non se afrontaron. Polo que, no referido ás institucións aludidas Concello e Deputación, precísase moita luz diante tanta escuridade.
As licencias dos que mandan, as veces, ate amosan a verdadeira cara das persoas electas. Mellor, amosan a cara que non lles gusta que se vexa, pero que é a verdadeira. Polo que semella que estamos diante persoas que pensan que sin eles o mundo non anda; e que actúan mesturando os asuntos públicos cos privados. Polo que estamos diante os caprichos, ou se o prefiren os antoxos dos que mandan é resistirse a non cumprilos débelle ser moi dificil.
Manuel H. Iglesias