Non me veñas con retrousos nin con contos doutro tempo / ponte ó loro meu amigo / pon o día o pensamento. Ano dous mil non sei cantos / cheos de tecnoloxía / mentres tanto desfacemnos / o planeta, a nosa vida. O mal chamado progreso/ trouxo unha forma de vida / que se basa no consumo e tamén na avaricia. Algo temos que facer pra endereitar o camiño / que nos leva a esnaquizar o planeta onde vivimos. Algo temos que facer!!!
A medida que pasan os anos cada vez, con máis virulencia, van acontecendo os desastres naturais. Desta maneira as trombas de auga son máis fortes e persistentes. Tamén as secas teñen mais duración e os incendios queiman e estragan a terra deixándoa case desértica.
A contaminación atmosférica trae trastosnos no tempo, e no mar o aumento de temperatura da auga comeza a afectar e, con elo, chegan as pragas inesperadas.
Máis, no tempo que nos tocou vivir, hai forzas negacionistas que atadas ó modelo do consumo sen freo, din que ó aumento da temperatura mundial é un invento das forzas políticas chamadas progresistas. E dino con tal convencemento que insultan ós que defende unha postura avalada por datos científicos. Os falsos ptofetas sempre os houbo. Profetas que defenden que o cámbio climático é un conto e insultan ós que din que hai que tomar serías medidas si queremos que a cousa non vaia a máis.
Díante iste panorama con secas cada vez máis longas e coa falla de auga para agricultura e incluso moitas poboacións, a desrtización do rural e a morte de milleiros de pobos e aldeas é unha evidencia. Polo que dinate este grave problema salta unha pregunta: que se pode facer?
Todos sabemos que mudar o mundo cara un modelo de crecemento que non sexa esnaquizador do medio, trae aparellado loitar contra moitos intereses económicos especulativos. Todos sabemos que mover estructuras economícas e tamén mentais leva o seu tempo e tal obxectivo é moi complexo.
Mais a etapa do capitalismo salvaxe debera ser unha cousa do pasado. Pois, seguir polo camiño de contaminar sen limites, levaranos a unha destrucción continua do medio natural. E todos sabermos que o planeta terra é finito. E que o sistema económico actual, baseado no consumo especulativo sen limites, deberá trocar, pois nós soio somos uns usufructuarios da terra, polo que temos a obriga de deixarlla ás novas xeneracións no mellor estado posibel.
Con todo, o certo é que os que moven a economíaº mundial e tamen unha parte importante da sociedade, non ve o perigo que está ameazando ó noso planeta. Boeno, non o ven, ou non o quere ver. E eso pode levaranos a un desatre moi dificicil de atallar.
Polo que abramos os ollos, e deixemonos de retrousos e contos doutro tempo como di o texto do comenzo. Poñámonos ó loro, contaminemos menos e esixamos que os que contaminan máis cambien de modelo pra salvar o planeta.
En fin, todos, dentro das nosas pequenas ou grandes posiblidades, algo temos que facer.
Manuel H. Iglesias