Se falamos de legalidade, todos os partidos que se presentan ás eleccións poden facelo dentro do marco da actual constitución. Máis ese aliado do PP, que viviu agochado nas súas filas durante moitos anos, ten un víncallo moi forte coas ideas que no seu día defendeu a ditadura. Diría máis, soña con volver a implantala. Aspira a modificar a constitución pra derogar o título oitavo e quere volver a España centralista. Detesta que, despois de máis de cuarenta anos de democracia, as vitimas saian das cunetas e vai contra a lei da memoria e quere ilegalizar partidos que non lle guatan. Non lles gusta que falemos a nosa lingua e, a maiores de todo, anda coa teima de esquecer o grave problema da violencia contra a muller e os dereitos dos LGTB. Igualmente vai contra o dereito a decidir o final dunha vida e moitas cousas máis.
Pois ben, a ises señores, anda a branquealos o presidente da Xunta de Galicia. Con que obxectivo? Pois co único de facer o que lle mandan dende Xénova. Triste papel o que fai o presidente dunha terra con personalidade, cultura e lingua propia. Unha terra que non é arredista, pero que quere ter unha autonomía forte dentro do actual Estado pra desenvolverse e non desaparecer; e que quere mellorar o seu estatus político e quitarrle rendabilidade as súas potencialidades económicas e as súas materias primas.
E pra xustificar o que di fala de Bildu. E faino sen saber que, non hai moitos anos, cando ETA asesinaba, todos os partidos e tamén o PP dicían: que deixen a vilolencia e que fagan política dende as institucións.
Eu non sei se o Sr. Rueda sabe que a mellor forma de que o Estado funcione é que os que aspiran a segregarse participen na vida política del. A relación axuda a crear víncallos nas tarefas comúns e limar moitas diferencias. Eso axuda a aunar a todos na tarea común pra que a xente viva mellor. A política do enfrontamento como a que fixo o PP en Catalunya axudou a que medrara o arredismo.
Mais o que me chama a atención das declaracións de Rueda é o que nelas transmite. Pois dá asensación de que si precisara dos neo franquistas pra seguir no poder, aínda que demonicen as autonomías, o idioma e todo o sinalado, con tal de manterse nel pactaría con esa forza que hoxe é residual en Galicia.
Sempre pensei que o presidente da Xunta debía ser un defensor desta terra; unha persoa que traballa pra acadar unha serie de competencias que mellorarían a vida dos galegos. E agora vexo a un presidente, un mandado sen personalidade; un lider que obedece as consignas que veñen de Madrid. Triste papel o do noso mandamáis falando de quen non ten representación en Galicia. Triste e escuro papél o do Sr. Rueda.
Manuel H. Iglesias