Tetilla Altri-Ulloa

Que Galiza triplicara a súa débeda ou sexa unha das comunidades con peor calidade de vida do Estado Español é algo conxuntural. Espontáneo máis ben. Que según a RAG significa que se produce por impulso propio, sen necesidade de intervención externa. Igual que sae unha macrolepiota baixo unha berza cando chega o outono.

Por admin | Ferrol | 27/04/2024

  • menéame
  • Chuzar
  • Do Melhor
  • Cabozo
  • del.icio.us
Francisco Maceira 
Ferrol . A Coruña     
 
O certo é que non temos nada que envexar a ninguén. Ayuso está encantada de pasear polos nosos eucaliptais . Por que imos deixar de votar ó PP?
 
Si no País Vasco trouxeron un  Guggenheim aquí nos montamos un símil no Monte Gaiás.  A cultura de Galiza non pode estar espallada por aquí e por acolá. Casa da Cultura de Monfero...Casa da Cultura de Coristanco… É mellor unificar todo nunha cidade. Un mausoleo persoal é o idóneo nestes casos.
 
Tampouco envexamos que o seu museo se teña convertido no verdadeiro motor da Ría de Bilbao. Nin siquera o seu revestimento de titanio ruso. Para que  comprar pedra en Porriño si sae máis barata traela de Brasil? 
 
Os herdeiros de Iribarne están pendentes duns millóns que veñen de Bruxelas. O cheiro dos cartos sempre os excitou, e son capaces de calquer cousa. Ata de chantar unha pestilente megapasteira en pleno corazón de Galiza.  Á tetilla Arzúa-Ulloa viranlle ben dous novos aromas a base de cloro e ácido sulfúrico.
 
Rueda retrasa as alegaciones como retrasou a súa investidura por unha voda en Madrid. Non está disposto a que unha presa de ecoloxistas lle arrebaten o seu botín. Asegura que aquilo non ten nada que ver coa celulosa. Que dalí so sairán fibras textiles para a sección de lencería de Zara. 
 
700 anos despois ,  Palas de Rei libra de novo unha loita . Galiza volve a xogarse  o seu futuro , por segunda vez na Historia, en Porto de Bois. Espero que non volvan a gañar os mesmos. Pero cando exministros e exconselleiros  sobrevoan o campo de batalla, as cousas non pintan ben para os que verdadeiramente defenden o noso país.      

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

1 comentario
1

Ferroviario

Oxalá non se faga Altri. Pero non certo, pra nada, que Galicia sexa " unha das comunidades con peor calidade de vida do estado español". ¿ en base a qué datos ? ¿por qué? Ese é un exemplo de afirmación sen base algunha

1 resposta
1

Por Francisco Maceira: Estimado ferroviario: Xa sei que Galiza é un país marabilloso para vivir. Pero eu, que son o que escribe o artigo de opinión, opino que moita calidade de vida non debe haber cando os rapaces marchan fóra a traballar. Cando a xente ten que recorrer á sanidade privada porque as listas de espera na pública son eternas. Cando os vellos morren sin lles chegar a dependencia. Atendidos por familiares que fan o que poden, ou amontonados nunha residencia. Nunha residencia rotulada como “Xunta de Galicia” cando en realidade é un negocio privado dalgún amigo/a dos nosos mandatarios. Recrimíname vostede a falta de datos e que as afirmacións que fago non teñen base algunha. Dúas cousiñas que xa non son opinión, senón números e estudios obxectivos. Galiza ten a pensión media de xubilación máis baixa de toda España. Galiza é unha das comunidades de España con peor calidade de vida según un informe do Instituto Nacional de Estadística.