Neira Vilas, (Gres, Vila de Cruces 1928) coa publicación das Memorias dun neno labrego, fíxonos revivir, alomenos ós que nacemos e nos criamos no rural, cantidade de historias que existían ó noso arredor e que non eran recollidas en ningún xornal, pois non tiñan rango de noticia. Púxo no mapa a realidade dos que non eran e tampouco aspiraban a serer algo na vida, pois soamente pretendían sobrevivir. Si, ir tirando no medio dun tempo escuro, clasista e cargado de humillacións de todo tipo para os que non eran señoritos. E, xa de mozos, cando limos as andanzas de Balbino, decatámonos e descubrimos que dentro daquela aparente normalidade da posguerra, a xente do rural éra menospreciada fronte a da vila ou mellor a da urbe. E asi, vimos reflectidas verbas que ate aquil intre non aparecían nos cadernos ós que tíñamos acceso. Pero na inmensa obra de Neira Vilas non somente queda reflexada á infancia dos nenos do rural. Non. Tamén hai espazo para saber moto da emigración de milleiros de galegos que cruzaron o atlántico; que foron grandes emprendedores; que deixaron marca de país alén da súa terra.
O outro baluarte, que tamén nos deixou nestes días, foi Xosé Chao Rego, (Vilalba 1932) crego e teólogo que tentou, con máis de trinta obras publicadas, e unha xeira moi grande de artigos que amosaban achegar e modernizar a Igrexa ós crentes galegos. O traballo de Chao Rego neste eido foi inmenso. Fundador e principal animador das Revistas de pensamento cristián Encrucillada e Irimia, dende as que tratou de revertir a situación dunha igexa aliada do poder político e a ditadura franquista, que maiormente vivía de costas á relidade galega. Pretendía unha igrexa que mantivera vivas as herdanzas dos noso ancestros, que se modernizara, bebendo nas nosas raíces e que a partires do idioma amosara unha maneira distinta de ver e de enter a fé e a mensaxe de Cristo.
Dous galegos deixaronnos nestes días pasados. Dous homes que marcan un tempo. Un, puxo en solfa nos libros o que acontecía nunha relaidade que todos coñecían pero que unha parte da sociedade e o poder político intencionadamente menospreciaban e marxinaban. Foi a voz dos que non eran ninguén, pero que loitaban por ser e existir con dignidade e ademais tiñan aspiracións e soños na vida.
E outro, exercendo o ministerio de Cristo na terra, traballou por achegar a relixión cristiá que aparecía como santificadora e aliada dun poder político que nos ignoraba e aínda nos ignora como pobo; que se amosaba como castigadora, controladora e represora de costumes e modos de vida herdados, e defendía un visión da vida que menospereciaba o idioma desta terra.
Manuel H. Iglesias