470 millóns

Sempre foi así. Cando estás ma oposición denuncias, esixes, insistes e reclamas claridade na xestión dos cartos públicos. Cando estás na oposición criticas todas as accións do goberno e agrandas os defectos que tu consideras; e falo sempre en nome da cidadanía. E como ves un filón pra desgastar ó teu adversario político ameazas con levalo ós tribunais por malversación; logo reclamas comisións de investigación, e falo todo con tal de desacreditar o teu opoñente.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 27/08/2024

  • menéame
  • Chuzar
  • Do Melhor
  • Cabozo
  • del.icio.us
Ah, pero as cousas mudan e moito  se é que estas no poder. Entón empregas a maioría pra achantar todo o que fixeches mal. E falo incluso pra tapar todas as miserias que como humano agochas, todo  a sabendas que estas a favorecer a tal  amigo, empresario ou compañeiro de partido que ten un negocio  e precisa choio. 
 
Esto ven acontecendo na política dende sempre. Outra cousa é que se saiba ou  se quite a luz con pequenos titulares. E menos, que se queira admitir, pois  cando estás pechado nunha ideoloxía partidaria, ou pertences a ela por comenencia, sempre actúas partidariamente. Mellor, cegamente a favor do que a ti máis che interesa.   
 
Pois ben, nesta Galicia  onde gobernou o que agora é o xefe da oposición na capital do reino, apoiándose nunha maioría absoluta continuada,  agochou chapuzas e a súa   gris xestión. 
Supoño que os cidadáns, a pouco que fagan memoria, lembrarán a sentencia do tema dos eólicos  que axudou a tirar abaixo o bipartito e o custe  que lle supuxo ó erario público.  Pois o que  pretendía aquel bipartito  estaba ben feito e era legal, mais como en política case todo vale,  díxose que o que pretendía o goberno aquel  era unha ilegalidade. Logo saiu unha sentencia que desmontou a mentira e houbo que pagarlle ós perxudicados. Hai moitos máis casos de despilfarro  semellantes  que  pertencen ó goberno central cando os populares mandaban. Por exemplo:  na época do Sr. Aznar  fíxose a renovación da concesión da Autopista do Atlántico por unha ristra de anos que arrepía e agora a reversión é case imposibel.  Gobernando Rajoy aumentouse a concesión da Celulosa de Pontevedra por motos anos, polo que a ría seguira sofrindo.  Todos foron asuntos moi lesivos para todos os galegos. Asuntos que hoxe  estamos a pagar.  E agora, despois de chegar a Madrid cunha aurea de gran xestor, o sr Feijoo, e sendo vicepresidente o sr. Rueda,  sae á luz que o custe a maiores do presupostado  do hospital Alvaro Cunqueiro de Vigo foi  de 470 millóns de euros. Vamos, unha cantidade da que non quere falar o actual presidente da Xunta. Polo que seguindo a estratexia   do silencio, e co apoio da súa maioría absoluta, impide que haxa unha comisión de investigación pra saber como foi posibel que se gastaran tantos cartos a maiores do presupostado.
 
Esta é a realidade do que acontece neste noroeste onde seica se aplica o sentidiño na maneira de gobernar. 
 
Que eu lembre  nas obras públicas cando se supera un tanto por cen do presupostado hai que facer un reformado e volver autorizalo polo goberno. Non sei se se fixo ou non. Con todo O Consello de Contas de Galicia nun informe  demoledor sinala que a Xunta tería aforrado 470 millóns de euros si houbera contratado por separado a construción do dito centro. Pois ben, diante este informe, penso que por obriga e por claridade,  sería moi bo que se lle explicara á sociedade por que, por un  buraco,  fuxiron e se gastaron os 470 millóns de euros. Mais a maioría parlamentaria dos populares impide que haxa luz onde soamente hai escuridade. E así andan as cousas nesta terra onde gobernan os  que se din bos xestores dos cartos públicos.  En fin, cando se está no goberno actúase dunha maneira e cando se está na  oposición doutra. Máis claro auga, e quen non o queira ver é que esta cego de todo.

Manuel H. Iglesias



Unha muller sae con máscara do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo / Adrián Irago - Arquivo

Manuel Herminio Iglesias

Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com