Por xabier (http://www.vila-coia.com) | GC ABERTO | 22/12/2024
Na actualidade, as redes sociais constitúen unha parte importante da nosa vida diaria. Como medio de comunicación, de entretemento ou, mesmo como recurso para a reflexión, que é o que ocorre co libro que aquí presentamos ao público: 80 Estados de WhatsApp.
Xabier Vila-Coia, filósofo, politólogo, antropólogo e artista con obra en prestixiosas bibliotecas internacionais (Museo Nacional Raíña Sofía, Museu d’Art Contemporani de Barcelona, Peace Palace Library, British Library, Bibliothèque nationale de France, National Library of China, Library of Congress, Harvard University ou Princeton University, entre outras), neste novo libro móstranos, a través de oitenta Estados de WhatsApp que incorporan fotografías e textos aforísticos, os seus pensamentos e reflexións acerca das cuestións que os seres humanos de todas as épocas consideraron transcendentais nas súas vidas: Deus, o traballo, o estudo, a liberdade, as ideoloxías, o poder, a riqueza, a sexualidade, o amor, o envellecemento, a morte…
Estamos diante dunha obra orixinal e metamoderna na que con plena liberdade exprésanse concepcións e conviccións vitais minoritarias, pero que son produto de décadas de dedicación ao traballo, o estudo, a reflexión e a contemplación. Nela, Xabier Vila-Coia, Premio Nacional de Terminación de Estudos Universitarios en Ciencia Política e Socioloxía con trece títulos publicados, ofrécenos a súa peculiar visión sobre as cousas que nos rodean de forma natural ou que constituímos e construímos cos nosos corpos e ideacións mentais.
O propósito do autor é congraciar e adaptar a filosofía e a arte ás novas tecnoloxías da información e da comunicación (nas que se integran as redes sociais), para que as súas valiosas e útiles ensinanzas, que son a base das nosas culturas científica, humanística e política, difúndanse e perduren nas novas xeracións.
A obra inclúe un Manifesto Artístico-Fotográfico no que fotógrafos e artistas acharán innovadoras e sorprendentes ideas que contribuirán a diferenciar e diversificar as súas producións.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Cando alguén vende un libro é costume agallasar ao futuro lector cunhas liñas (mesmo páxinas) para saber por onde van os tiros, ou para suliñar aspectos claves da obra que se pretende divulgar... Claro que en tempos de Whastapp igual ese costume xa non se estila...? Que se dí sobre o envellecemento que padecemos todos ?
Teléfono móbil coa aplicación whatsapp / Arquivo
© GC 2024 | Galicia Confidencial | RSS | Legal | Política de cookies | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | Co apoio de dinahosting