Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 29/02/2016
A sensación, que unha gran maioría social ten, é que haberá que volver a votar, pois cando todos queren acordos pero poñen liñas roxas que impiden o diálogo, a cousa camiña cara o desacordo. E mentres todos fan esforzos e deseñan estratexias para non cargar coa culpa do fracaso, o andazo e a desilusión medra. E no medio dese non saber que acontecerá na capital do reino, na nosa terra a lea política camiña sen ter un referente claro ó que votar cando chegue a hora das xerais, se é o caso, ou das autonómicas. A forza que durante moitos anos foi bandeira e representación de Galicia nas cortes do estado, anuncia que unha muller será a encargada de facer un reseteo do frentismo que non a súa desaparición. E de saída, no cadro direxente proposto, non entra ningunha das persoas que pedían unha refundación e posibles alianzas con forzas estatais.
Con todo, cada día que pasa a soedade das ideoloxías fundamentalistas aumenta e veremos que pasa despois da asamblea do vindeiro 28F. Pero algo, e deseguro que algo tomará forma pois nada será igual xa que antes da derrradeira ruptura que houbo na Fronte. Por outra parte, á chamada Marea, creo que perdeu unha boa oportunidade de facerse coa voz desta terra no congreso, claro se optará por unirse ó grupo mixto. Polo que agora, por moito que digan, son unha franquicia en Galicia, cuestión que decepcionou a moitos votantes que a apoiaron é posiblemente non repitan o voto.
E con este panorama un tanto desolador, as voces que escoito son máis de desilusión que de esperanza. Dito doutra maneira, de fracaso que de éxito. En fin, nesas andamos todos, pero un tanto mareados pois nin goberno no Estado, nin forzas que representen os intereses xerais desta nosa terra no Congreso. E tampouco nin líderes que sexan capacer de unir o galeguismo e o nacionalismo da terra de Breogán. Polo que camiñamos á deriva como as dornas sen timon nin remador esperando tempos mellores.
Manuel H. Iglesias
© GC 2025 | Galicia Confidencial | RSS | Legal | Política de cookies | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | Co apoio de dinahosting