Coalición Galega, por unha política ambiciosa

Os representantes, afiliados e simpatizantes de coalición Galega queremos hoxe estar presentes no debate da organización territorial do estado porque temos unha ambición política e económica conducente a situar a Galicia no camiño da produtividade e xeración de emprego, para nos fortalecer como País, como economía e como sociedade.

Por admin | Compostela | 10/06/2025

  • menéame
  • Chuzar
  • Do Melhor
  • Cabozo
  • del.icio.us
Xosé María Artiaga Díaz, presidente de Coalición Galega
 
 
O noso partido é optimista co futuro da nosa Terra, pois consideramos que a intelixencia social e as capacidades do noso pobo están por enriba da desidia dos nosos políticos, e queremos participar na solución das dificultades que se aveciñan e opinar sobre as mesmas. Temos presente o tema de Altri que non cumple cos requisitos mediambientáis máis elementáis esixibles nos países desenrolados. Temos presente tamén o continuo bloqueo administrativo á Facultade de Medicina da Coruña coa conseguinte escasez de cadros médicos en Galicia e o desastroso funcionamento de Hospitáis Comarcáis coma o de Burela por estas mesmas circunstancias. Por qué non unha segunda Facultade de Medicina na Coruña, tantos anos demandada. Poderíamos pasar de 450 médicos titulados ao ano a máis de 700 facultativos. Non deberan ser os de agora tempos de monopolios económicos nin de formación.
 
Tamén nos mantemos expectantes diante do oscurantista e millonario desenrolo da Fachada Marítima de A Coruña, que sorprendentemente é no único en que se poñen dacordo Goberno e oposición, en troques dunhas ducias de vivendas de protección oficial e de non se sabe qué máis. Por qué non unha segunda intermodal de cercanías na Avenida do Exército, cara a un servizo de proximidade nas capitáis galegas.
 
Coalición Galega é unha forza que cree profundamente no modelo de convivencia europeo no que o obxeto fundamental é a preservación da liberdade humana e a responsabilidade individual, unha aposta galega que se nutre dos fundamentos ideeolóxicos e humanistas do galeguismo histórico e quere representar os intereses de todos os galegos e galegas que desexen ter un futuro na súa terra.
 
Galicia é absolutamente europea  e o  Camiño de Santiago foi a columna vertebral de Europa, pero a UE ten agora 27 estados membros e cada vez está máis volcada cara o leste.
Ursula von der Leyen estase a comportar como unha presidenta dos estados europeos, coma se fose elexida por sufraxio universal.
 
Por outra banda, no eido da administración local, esencial nun país cunha poboación espallada e envellecida, estamos comprometidos con transformar a política provincial  poñéndoa ao servizo das comarcas e dos municipios. As Deputacións teñen que ser entidades transparentes e cooperadoras a hora de favorecer o desenvolvemento municipal equitativo, ou deixar de ser.
 
Unha comarca con contido non se pode desenrolar sen detraer competencias ás Deputacións, e as competencias de réxime local están reservadas ó Estado. 
Asistimos tamén preocupados ao esmorecer do eixo oriental galego, Ourense e Lugo, así como das comarcas interiores das provincias de A Coruña e Pontevedra.
 
Acreditamos que Galicia precisa un grado substancial de autogoberno e somos firmes defensores do dereito de autodeterminación dos pobos. Para camiñar cara a ese autogoberno cómprenos una importante competencia que non é outra que a potestade tributaria orixinaria, plena e exclusiva sobre todos os impostos e contribucións percibidos na Galicia e sobre todos os feitos impoñibles que se xeren no noso País.
 
En Coalición Glega tamén queremos un réxime fiscal que se asemelle ó que teñen os Navarros e os Vascos, aínda que tentamos ir unha miguiña máis adiante.  Imaxinamos que moitos Cataláns, Canarios e Valenciáns opinanarán parecido, e quizáis tamén algúns Andaluces e Extremeños. Non vaia ser que a presidenta da Comunidade de Madrid sexa agora máis nacionalista que ninguén.
 
Os partidos gobernantes en España e en Galicia rexeitan pedir a plenitude de competencias previstas na Constitución e no Estatuto, nun grado infraconstitucional de autonomismo. O actual e o anterior presidente da Xunta teiman en reducir a Galicia a unha especie de macro-deputación que ten o seu órgano central na capital de España.
 
En Coalición Galega comprometémonos a manter unha belixerancia permanente fronte ás políticas de Europa e do Estado español que usurpen as liberdades económicas e individuais dos galegos, especialmente no eido rural e nas vilas.
 
Nesta lealdade á nosa sociedade e ao noso País, sen tutelas fiscáis nin de ningún tipo, ofrecémoslle ao electorado galego un gran espazo transversal que abrangue desde o liberalismo progresista ata a socialdemocracia, para centrar a política en Galicia, en España e en Europa, en busca sempre da prosperidade económica, social e cultural da nosa xente.

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe