O caso é que tal asunto lembroume que a min iso de que se leva ou de que esta de moda, non me convence moito. Cecais porque son persoa un tanto crítica e un tanto descreída. Por iso, aínda que moitos poidan mesturar moda, modernidade, progresismo e progreso, afirmo que todos ises conceptos son un tato enganosos pois maiormente teñen pouco que ver coa comodidade, co bo porte no asunto da vestimenta e con moitas desas cousas que son precisas e indispensables para levar mellor a vida cotiá.
Teño discutido con algunhas mulleres, pois sempre repiten unha cantinela que a min faime moita gracia. Elas dín: iste ano van levarse os azuis e os roxos. E pregúntolle: quén o dixo? A resposta sempre é amesma: os da moda. E sigo preguntando: e quen son os da moda e, dende ise momento remata a conversa dicindo: eres un pesado.
Debo afirmar que sempre entendín que o falar de moda, a relación era de mercar un obxecto que axudaba a mellorar as nosas vidas; que era un avance que nos permitía vivir mellor; que era algo moi necesario, etc. E que a roupa e outros trebellos denantes de saír o mercado cumprían cos cánones de ergonomía e calidade para mellorar a nosa existencia, ademais de pórnos máis elegantes.
Anos atrás, poño por exemplo, andar cos pantalósn esfiañados, rotos ou remendados era sinónimo de ser probre de solemnidade. Vamos, de vivir na indixencia ou pouco menos. Agora, levar os pantalóns, como dixen antes, ou no fondo do cú seica é indicativo de modernidade e sobor de todo de andar á última.
Por iso, cada día que pasa, vexo con máis claridade que non é así. Pois, na maioría dos casos a moda soamente xoga co noso cansanzo; xoga co aburrimento de ver sempre o mesmo; xoga coa nosa psicoloxía; xoga co unico obxectivo de facernos ver que pra andar á última hai que mercar cegamente o que uns persoeiros, non sei se iluminados ou gurús, indican. E iso ven a deixarnos orfos e sen personalidade propia. En fin, o meu amigo sabe moi ben que pra andar á moda hai que consumir acríticamente. E il que é moi racional, por non levarlle a contraria á da tenda, trouxo o pantalón. Mais axiña, coa súa retranca, expresou o seu pounto de vista nas redes sociais.
En fín, penso que non nos viría mal un chisco de pensamento crítico, para non ser soamente consumidores cegos do que moitos chaman andar á moda. Que pra iso temos a liberdade de elixir, de mirar de sopesar e de mercar con cabeciña. Pois a moda ten cousas positivas pero outras que non o son tanto.
Manuel H. Iglesias