Non esquezamos a nosa historia

A pouco que pensemos, queda claro que o mundo no que vivimos formouse en base a dous fenómenos sociais: as migracións e o comercio. Os demais aconteceres sempre xiraron sobre istes dous asuntos. Isto que afirmo lévamos a entender que a relación entre xentes de diversas culturas e lugares a traverso do intercambio foron conformando, xunto con outros avatares moi importantes, o mundo actual.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 21/06/2018

  • menéame
  • Chuzar
  • Do Melhor
  • Cabozo
  • del.icio.us
Mais, a memoria colectiva sempre fráxil,  non sei si por comenencia ou razóns escuras,  actúa fuxindo dese pasado  as veces escuro, e   non quere alardear del, sobor de todo, cando iste foi tristeiro e incluso penoso.
 
Nin que dicir que, non  hai moitos séculos, os Estados Unidos de America naceron de xente europea que fuxiu da fame e da miseria que había naquela Europa en crise, e   entraron como emigrantes indocumentados en terras americanas. E fíxérono  matando e arransando ás tribus indixenas para conformar  un pais que agora, esquecendo o seu pasado non tan lonxano, pon muros e persigue ós que cruzan a súa fronteira dunha maneira un tanto arrepiante.
Dando saltos na historia, e achegándonos as terras que conforman a pénínsula ibérica, nin que dicir que, en diferntes etapas,  a emigración tamén está no noso haber. Pois en moitas familias hai moito que contar deses anos en ámerica ou  en alemania ou noutros países europeos. 
 
Pois ben, a día de hoxe, as migracións de persoas tanto  por razóns económicas como por razóns políticas e humanitarias, son  un aunto sumamente complexo e moi delicado. E por aquelo de ter un referente, Europa é un punto de destino e un obxectivo para moitas xentes de diversas zonas do mundo.  Europa, e dentro dela os paises que están maís perto do continente africano teñen un presión migratoria que non se vai arranxar con poñer concertinas nin barreiras, pois o mar é moi amplo.  
Polo que, mentres non haxa políticas sociais e de desenvolvemento mirando a ises países de onde son orixinarias as persoas que, en  moi precarias condición fuxen, nada se vai a arranxar.
 
Europa, ou mellor  a Unión Europea, a pesares das diversas  crises habidas é un espazo de atracción de xentes que buscan, ou a protección por mor de conflitos bélicos ou melloras sociais e econmicas. Igual que  anos atrás fixeron os nosos abós e pais. Posiblemente esta  Europa envellecida, non poda ser a zona que resolva todos os problemas dos países do mundo, sobre todos africáns. Pero Europa precisa dunha vez por todas dunha política migratoria conxunta e única. Politica  que fora de fariseismos actúe en coherencia cos seus principios e cumpla, polo menos, coas leis internacionais.
 
Neste senso, que varios barcos que,  pouco menos que andan ó pairo no mar, veñan atracar a España é un xesto que nos honra como Estado. Pero eso nunca será a solución dun problema global que se acentúa na zona do mediterráneo. Por tal motivo, máis que criticar ó goberno por dar o paso de permitir traer a ises barcos a Valencia, sabedores de que esa  non é a solución  definitiva do problema, o goberno debe presionar   para abrir un debate nas institucións europeas e plantexar solucións conxuntas ó fenómeno migratorio.
 
Ser solidarios é un deber como cidadáns. Pero para eso é  necesario  non esquecer a nosa historia pois, na nosa terra, hai moito que falar da emigración. Por iso, rexeito a esa xente que aproveita as redes sociais para, baixo un populismo facistoide lanzar mensaxes que soamente  crean envexa, carraxe e dor. Coidado con esas afirmacións que  buscan crear chivos expiatorios nos emigrantes para xustificar ideoloxías e accións que nos poden levar a volta dun pasado moi negro como o que  vivimos na longa noite de pedra. E sobre todo, non esquezamos a nosa historia recente.
 

Manuel H. Iglesias



A emigración galega en América/ Galicia espallada

Manuel Herminio Iglesias

Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com