Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 15/10/2018
Con todo, a día de hoxe, o significado de estar na Picota é ben distinto o doutros tempos. Pois agora significa atoparse en entredito por mor das contrariedades e escándalos que un día tras doutro saen a lúz.
E iso é o que acontece no referido á independencia e calidade da xusticia que temos, ou que tamén padecemos, segundo se mire. Varios son os casos que, dende hai un tempo, chaman a atención e que ben puderan ser referencias do que non debe entenderse por xustiza. Subliñarei uns cantos. O primeiro refírese ás contariedades que existen entre os tibunais á hora de dictar sentencias ou abrir e pechar procesos. E neste caso podería valer o referido ó master do Sr. Casado. Pois o tribunal supremo arquiva o caso e outro considera que hai que depurar responsabilidades polo agasallo dos referidos masters. Outro caso que chama a atención é o referido ás verbas que, despois de rematar o xuízo, fixo un xuíz sobre o caso que acababa de celebrar. Asunto vergoñento que indica que, coa toga posta hai moita solemnidade. Logo, portas a dentro, a xente que xuzga fala igual que a que se atopa no bar ou na rúa. Iso si, co menosprezo ás persoas que logo ten que sentenciar. E todo isto acontece co agravante do concepto que hai sobre a violencia contra as mulleres.
O terceiro asunto esta referido ó barullo que alguns xuízes, neste caso xuíza, montan perseguindo a corrupción e que, despois de humillar e esmagar ás persoas detidas, pasan anos e anos, e cando presentan os cargos, todo queda en augas de borralla pois as febles acusacións non se sustentan nada máis que en indicios.
Iste é o caso da chamada operación Pokemón que, con tanto ruído mediatico humillou e levou detido ó alcalde de Ourense e desfixo unha corporación hai máis de cinco anos. E despois dese tempo, os encausados siguen á espera dunha acusación definitiva e as consecuencias que delo se deriven ou o arquivo do caso.
Mais a xustiza e os que a poñen en marcha, a día de hoxe, son algo así como persoas intocables. Pois somente serán correxidos e sancionados polos órganos propios nos que están outros xuíces. Razón pola que o corporativismo vive agochado, en certa medida, dentro da propia institución xudicial. E iso permite que raramente se sancione a un xuíz e menos se inhabilite. Claro, salvado casos coñecidos que teñen un trasfondo político e de moita parcialidade. Pero a vida cotiá na rúa e moi diferente á visión que poden ter os señores togados. A vida real ten outra percepción, e a eficacia e o traballo ríxense por outros parámetros. Por iso, as preguntas son necesarias. Porei varios exemplos: Si un técnico nunha empresa privada ten o encargo de facer un cometido e tarda moito tempo e sempre está poñendo excusas permanetes para rematalo, e cando presenta o traballo, todo o que barruntou se queda en auga de borralla e non vale ren, quen o sanciona? Pois no mundo da empresa privada sería despedido. Isto é o que aconteceu co caso do alcalde de Lugo e pode acontecer con outros casos semellante. E despois de tanto barullo quen lle devolve o crédito ás persoas que foron machacadas e dunha maneira tan barbara por mor de detencións á brava. Quén señores togados? Moita autocrítica ten que facer a xustiza que temos. Moita si quere fuxir de estar na Picota.
Manuel H. Iglesias
Xulgados De Santiago, En Fontiñas
© GC 2025 | Galicia Confidencial | RSS | Legal | Política de cookies | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | Co apoio de dinahosting