E digo todo isto, pois hai uns días nunha tertulia un participante militante dun grupo político destes que naceron con abxectivo de seren os partidos que viñeron a rexenerar a nosa vida, marchou o rematar a tertulia, laíandose do mal que trataban ó seu lider, pois non lle gustaba que alguén dos presentes comentara que os novos referentes da política parecían uns rapaces voluntariosos, pero un tanto inxrnuos diante os grandes asuntos que hoxe ten o Estado.
E iso que parece unha evidencia choca coa evolución do lider de Podemos. Pois o Sr. Iglesias ó asinar un acordo co PSOE para os presupostos do Estado está aceptando entrar no xogo da política realista. Deixando de lado o termo que falaba de “casta” e de que “non nos representan.” Sabedor de que, en política e nunha sociedade plural como a nosa, ten que deixar a utopica ideolóxica para achegarse ós problemas da sociedade real.
Iste posicionamento choca frontalmente co dos líderes de ciudadanos e do PP que, sendo novos, evolucionan cara o signo contrario. Asi, diante os grandes retos que ten a sociedade de hoxe, son incapaces de artellar unha alternativa que fuxa da oposición bronca que practican. Pois aspiran chegar ó poder soamente coa denuncia permanente, escudándose en medias verdades pra manter un discurso rancio que nada positivo aporta socialmente. E iso é un mal camiño que non permite achegarse ós asuntos que preocupan os cidadáns.
Outro exemplo: Ciudadanos gañou as eleccións en Catalunya pero a día de hoxe aínda non foi capaz de presentar un programa político con propostas para ser alternativa de poder nesa parte do Estado. Dado que igual que o PP soamente fala de aplicar o artigo 155. Algo semellante acontécelle ós populares que amparándose nun nacionalismo español que rememora fitos históricos de dudosa veracidade como a conquista de America, sigue repetindo o mantra de que España é a nación máis vella de Europa, cuestión totalmente falsa, e pretende encher así a carencia dun programa alternativo ó goberno actual.
É posible que, dada a situación política, os presupostos de Sánchez non salgán adiante. Veremos que acontece. Pero moito van ter que argumentar para ir contra a súba do salario mínimo e outras cuestión que van no documento económico.
O que sí está claro é que a dereita fronte a esas contas, soamente fala de recortes e recortes, sen darlle un respiro a maioría da xente, ós cidadáns da rúa, que son os que realmente manteñen en pé o Estado.
En fin, que moitas veces a xuventude que chega ó poder partidario con aires anovadores, resulta ser un fiasco. Igual co tertuliano que se marchou cabreado porque criticaron o lider do seu partido.
Manuel H. Iglesias