Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 13/07/2011
Non hai que gobernar, e opoñerse aínda que require un traballo continuado e responsable, resulta moito máis doado que tomar decisión moitas veces complicadas. Unamumo dicía: gobernarás pero, a todos, non convencerás. O problema aparece cando tes que resolver os temas que a cotío che plantexan os cidadáns e posicionarte para formar gobernos. Os cidadáns non aceptan razoamentos máis ou menos coherentes.
Precisan solucións e canto antes mellor. Pois ben, a día de hoxe determinados grupos políticos, manteñen un predicamento tan diferente dentro da súa organización que as decisións chocan frontalmente co que demanda a realidade social expresada nar urnas. Por tal motivo, cando chega a hora de posicionarse para ellexir un alcalde ou gobernar aparecen as grandes contradicións co que se dixo e logo as frustracións.
Estes días, cando se están a constituir as maiorias e os equipos de goberno en moitas comunidades, aparecen as incoherencias e os mandatos das executivas centrais son saltados en función de diversos problemas e argumentos locais.
O máis chamativo ven a ser o caso de Esquerda Unida en Extremadura, onde os acordos tomados polos órganos centrais non foron escoitados polos seus deputados. E coa abstención dos seus tres parlamentarios o Partido Poular accede ao goberno desa comunidade, gobernada dende o seu nacemento polos socialistas. Foi, polo tanto, a abstención de Esquerda Unida a que propiciou a chegada ao goberno do PP nesa comunidade.
Os problemas e as liortas locais ás veces non son comprendidas nos órganos centrais dos partidos e logo pasa o que pasa. Difícil decisión tiveron que tomar os deputados de IU. Por iso comprendo que, a postura dos minoritarios, é tremendamente difícil. É sumamente complicada pois, cando de forma xeral está definida o apoio a unha única opción, a forza política que é bisagra vaise convertindo nunha muleta a que chamará o aliado para salvarse da queima electoral e a perda do poder. Isto acontece tamén en Galiza onde, o nacionalismo fai acto de fé e afirma que nunca gobernará con determinadas formacións, polo que está xogando soamente a favor dun dos maioritarios. Debe quedar nídio que cos conservadores galegos, a día de hoxe, resulta imposible facer pactos pois, manteñen de forma obsesiva una política belixerante contra o nacionalismo. Lembremos os ataques ao idioma, por exemplo. Pero con todo, as formacións bisagra, se soamente son muleta dun grupo determinado, están entrando nunca órbita da que é moi difícil saír.
Penso que no caso galego teríamos moito que aprender doutras formacións políticas nacionalistas do Estado. Pois estas soamente buscan o ben da súa comunidade e pactan, facendo política con ámbolos lados do arco parlamentario. Claro que nesas comunidades os partidos de ámeto estatal traballan doutra maneira e son máis respectuosos co feito diferencial. Por iso, dende o nacionalismo hai que borrar a verba enemigos e hai que sustituila pola de adversarios e todo elo sin que ninguén teña que rachar as vestimentas.
Esquerda Unida de Extremadura tomou unha decisión difícil. Non sei se amellor ou a pior. Iso xa o veremos co paso do tempo. Pero, ás veces, na política, son necesarias as decisións extraordinarias. Pois, se sempre goberna o mesmo, porque tu lle quitas as castañas do lume, pode que a decisión tomada sexa perxudicial para a túa formación política e tamén para a democracia e a alternancia no poder. Pois, o poder, sempre ten adicións e corruptelas que se enquistan ao gobernar moito tempo nunha administración.
Por tal motivo, as contrariedades na política apareceran cando se goberna ou se é chave para que outros gobernen. Pois mentres se está na oposición, e non se decide nin se é chave, todo é moito máis fácil.
Manuel H. Iglesias
© GC 2025 | Galicia Confidencial | RSS | Legal | Política de cookies | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | Co apoio de dinahosting