Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 19/07/2011
En todo o Estado xurdiron figuras moi importantes que hoxe aínda existen e lembramos con cariño. Pensemos en Joán Manuel Serrat, Raimón e Paco ibañez. En Galiza, debido as influencias das revoltas do maio francés do 68, naceu o grupo de Voces Ceibes, integrado por Benedicto, Bibiano, Emilio Batallán e outros dos que non lembro o nome. Foi aquela una época na que a música destes trovadores coñecíase como a canción protesta. Estamos falando da chamada dictablanda que permitiu unha apertura informativa, que se iniciou con Fraga como ministro de información e turismo, e coa chegada do turismo europeo que nos visitaba, pensade naquela fermosas suecas. Anos máis adiante coñecimos cantautores doutros continentes e apareceron os americanos Bob Dylan, Joán Baez e, en latinoameríca Atahualpa Yupanqui, Mercedes Sosa, Jorge Cafrune e mais tarde Facundo Cabral. Pois ben hai uns días este último foi asesinado en Nicaragua. Facundo Cabral, poeta e músico arxentino ao que tiven a oportunidade de escoitar en directo no desaparecido Teatro Losada de Ourense, creo que no ano 1983, foi unha das mellores voces de Latinoamérica recitando e cantando. Artista con voz de barítono dulce e melodiosa que, co acompañamento, simple,pero pulcro, da súa guitarra e basado na música tradicional do seu país, recreaba un ambiente poético de gran beleza e musicalidade. Mensaxe na que sempre había una cargada de filosofía e compromiso cos temas sociais e coa vida mesma.
O certo é que en Latinoamérica os cantautores viviron sempre no fío da navalla. Pois, primeiro a Ditadura de Augusto Pinochet asesinou a victor Jara da maneira máis cruel. Logo mataron a Jorge Cafrune no 1978 en plena ditadura militar arxentina, fixéronno nun atropelo intencionado. E agora uns sicarios asesinan a Facundo Cabral. América queda sin o eco das voces comprometidas coa liberdade. Queda orfa da voz dos poetas cantores; queda silenciada a voz comprometida dos troveiros que coa súa palabra clamaron e claman pola libertade. “Si se calla el cantor, calla la vida” decía una melodía que interpretaba a finada Mercedes Sosa. E coa norte de Facundo Cabral apagouse a voz dun cantor das cousas da vida, un cantor do social e con el todos morremos un chisco.
Na música actual, os cantautores xa non xogan o papel de anos atrás. Eles eran a voz contra a ditadura e os recitáis compoñíanse de cantigas de denuncia que clamaban pola liberdade nun estado de represión. En todo o España os cantautores foron a punta de lanza que abría portas e fiestras de liberdade nun réxime que o censuraba case todo. Quen da miña idade non se lembra de Lluis LLach coa cantiga La Estaca. E en Galiza quen non lembra a Benedicto e Bibiano, ou a Emilio Batallán e, posteriormente a Fuxan os Ventos e as seus textos.
Pero a música actual, ao igual que a sociedade, perdeu aquil tono crítico que tamén se reflexaba nas cantigas. Vive en liberdade e, como descoñece o que é vivir sin liberdade, crea outra maneira de expresarse menos comprometida ca daqueles anos.
Facundo Cabral era un home compromerido cos temas sociais, e foi vítima, tal vez do infotunio, ou quen sabe. O certo é que se apagou a voz comprometida e fermosa dun gran trovador. O certo que, a día de hoxe no noso tecnificado mundo, case non hai cantores e poetas que empregen una linguaxe sutil para ser voz e mensaxe con música, sin aditivos e componentes, das cuestión sociais. Música, si se quere rudimentaria, sinxela, pero en estado puro. Mais eu quero pensar que estas son épocas pasaxeiras e que non van a dura sempre. Os travadores volverán outra vez e de seguro que non tardarán, pois son moi necesarios.
Manuel H. Iglesias
© GC 2025 | Galicia Confidencial | RSS | Legal | Política de cookies | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | Co apoio de dinahosting