GC anticorrupción - 31 Xaneiro 2013
Documentos do sumario mostran que o PPdeG financiou varias campañas cunha "caixa B". Rajoy, ao igual que Arenas, e o propio Bárcenas, sabían que a trama corrupta, organizadora dos mitins, reclamaba diñeiro por eses actos. O PP galego pagou polo menos 44 millóns de pesetas en man e 56 millóns sen declarar IVE. No interior, follas de cálculo coas contas en negro do PPdeG.
GC anticorrupción - 29 Xaneiro 2013
O actual voceiro popular quere pechar a cafetería do Clube Naútico, dirixida por militantes populares, tras ser desaloxada a empresa concesionaria propiedade da súa filla.
GC anticorrupción - 24 Xaneiro 2013
O caso de evasión fiscal que salpica ao PP ven de lonxe. O sistema foi instaurado durante o mandato de Fraga e continuou con Aznar e Rajoy. Moitos dirixentes populares rexionais seguiron o exemplo de Angel Sánchis, entre eles, Pablo Crespo, ex secretario de Organización do PPdeG.
GC anticorrupción - 22 Xaneiro 2013
O goberno do PP en Santiago debilítase cada vez máis. Á lea interna e a imputación do alcalde na Pokemón, súmanse agora novas imputacións por prevaricación e acoso moral, tras denuncia dun policía local.
GC anticorrupción - 22 Xaneiro 2013
GC recupera os documentos que mostran como o PP galego seguiu organizando actos coa trama corrupta despois de que Rajoy, supostamente, mandara deixar de traballar con eles. Datos coas presuntas relacións coa trama de Pablo Crespo, Arturo González Gil, Modesto Fernández, Juan Manuel Casares, Díz Guedes, Alberto Núñez Fejióo, Carlos Negreira, José Cuíña, Manuel Fraga, Rafael Louzán, Alfonso García-Pozuelo Asins, José Luís Ulibarri, Juan Ramón Blanco Balín e José Martínez Nuñez.
GC anticorrupción - 18 Xaneiro 2013
Na denuncia presentada pola CIG figuran o nome e apelidos de doce persoas concretas supostamente enchufadas por seren próximas ao PPdeG.
GC anticorrupción - 16 Xaneiro 2013
O 21% dos concellos galegos tiveron procesos xudiciais ou denuncias por corrupción no último decenio. A media do Estado está en case o 9%.
GC anticorrupción - 09 Xaneiro 2013
Tras defender a inocencia do imputado José Luís Baltar, Rosendo Fernández di que unha deputada do PSOE é militante do PP de Ourense e filtra o nome de moitos enchufados na provincia de Ourense.
GC anticorrupción - 03 Xaneiro 2013
Currás terá que declarar pola adxudicación de contratos a Vendex. De confirmarse a imputación e cumprirse o código ético, dous alcaldes do PP en Santiago terían dimitido en menos dun ano por problemas coa Xustiza.
GC anticorrupción - 11 Decembro 2012
A concelleira de Educación e Normalización (PP) imputada e media ducia de contratas baixo sospeita, tanto con este goberno como co bipartito anterior. Rebeca Domínguez podería dimitir se o día 20 a xuíza Pilar de Lara mantén a imputación.
GC anticorrupción - 26 Novembro 2012
O fiscal xefe de Pontevedra asume a denuncia presentada en xullo pasado polo PSOE na que se acusa ao rexedor do PP dun suposto delito de prevaricación.
GC anticorrupción - 23 Novembro 2012
Varios ex cargos do PP están relacionados presuntamente coa trama forestal da Costa da Morte que podería ter defraudado millóns de euros. As empresas do principal responsable traballan para numerosas administracións.
GC anticorrupción - 22 Novembro 2012
A denuncia do GC sobre unha posible trama corrupta de cobro de axudas forestais chega á Cámara galega. O PSdeG denuncia que Medio Rural validou a "suplantación de identidades" para percibir subvencións.
GC anticorrupción - 16 Novembro 2012
O BNG ameaza con deixalo só no Goberno local. "Non fixen nada, nin suborno, nin rabo de gaitas", asegura o rexedor lucense.
GC anticorrupción - 16 Novembro 2012
Imputados o actual alcalde de Lugo e concelleiros actuais e antigos de Santiago na trama presuntamente artellada polo grupo Vendex, responsábel do servizo da ORA na maioría das capitais galegas.
GC anticorrupción - 15 Novembro 2012
Bosques Naturales apañou subvencións por unha plantación en Arzúa malia que tiña denuncias por fraude dende hai anos. A conselleira de Facenda sabía dos problemas e aínda así a Xunta modificou pouco despois o convenio coa empresa. Creada por un dos directivos do Forum Filatélico e participada pola Comunidad de Madrid, Bosques Naturales está en concurso e cos directivos xulgados por estafa.
GC anticorrupción - 09 Novembro 2012
O Tribunal de Contas Europeo descubre 5,2 millóns de euros en erros das subvencións á PAC. Parte dese diñeiro correspondese con proxectos mal avaliados en Galicia que a Xunta terá que devolver.
GC anticorrupción - 08 Novembro 2012
Baltar di que o procedemento administrativo foi " incorrecto". Cualifica de "paripé" a decisión do BNG de non entrar no goberno municipal.
GC anticorrupción - 07 Novembro 2012
A Xustiza dita que Alexandre Sánchez Vidal, Andrés García Mata e David Cortón, hoxe en Compromiso por Galicia, non son culpábeis no caso 'caso dos paneis'.
GC anticorrupción - 01 Novembro 2012
A xuíza Estela San José imputa a alcaldes, ex-alcaldes, ao ex-delegado do Goberno e varios ex-delegados da Xunta. Os altos cargos foron nomeados por PSOE e PP.