A xuíza comeza a investigar a trama Pokemon na Coruña

GC anticorrupción - 11 Outubro 2012

Axentes de aduanas levan documentación sobre dous contratos de 2005.

O delegado da Xunta en Pontevedra Cores Tourís, ex-alcalde de Cambados

Firma do fillo dun ex-senador leva 343.000 € da Xunta

GC anticorrupción - 08 Outubro 2012

A construtora Excamel está a ser investigada por presuntamente subornar o delegado da Xunta en Pontevedra e candidato do PP, Cores Tourís. Unha das contratas da Xunta recibiuna a dedo.

Vidal e Mata antes do xuízo/newscaster

Xuízo contra tres ex-cargos do BNG en Ourense

GC anticorrupción - 02 Outubro 2012

Alexandre Sánchez Vidal, Andrés García Mata e David Cortón, hoxe en Compromiso por Galicia, enfróntanse a unha pena de 1 a 5 anos.

Abelardo Ulloa, xefe da Policía Local de Ourense / Ourense Dixital

Cesado o xefe da Policía de Ourense polo caso 'Pokemon'

GC anticorrupción - 01 Outubro 2012

O goberno municipal ourensán cesa a Abelardo Ulloa, imputado na operación anticorrupción, pero este conservará a praza de superintendente obtida por oposición.

O PSOE estuda suspender a Pico Yáñez polo caso ‘Pokemon’

GC anticorrupción - 28 Setembro 2012

Os socialistas de Lugo aseguran que serán "coherentes" e que suspenderán de militancia ao concelleiro de Cospeito se hai motivos para facelo, pero esperarán a ter máis información sobre o seu caso.

Francisco Rodríguez, alcalde de Ourense, e Manuel Vázquez, líder do PSdeG

Dimite o alcalde de Ourense

GC anticorrupción - 27 Setembro 2012

Francisco Rodríguez decide deixar o cargo sen agardar á xuntanza da asamblea local do PSdeG e tras recibir o apoio dos seus compañeiros. Nuñez Feijóo defende que Gacio, ex-alcalde de Boqueixón, sega como concelleiro malia tamén estar na rúa imputado baixo fianza.

Fernando Varela, concelleiro de Ourense (BNG) /terraetempo.com

Dimite o edil do BNG imputado na Pokemon

GC anticorrupción - 27 Setembro 2012

Denfende a súa inocencia. Pola contra, o xefe da Policía Local reincorpórase con normalidade ao seu posto traballo.

Feijóo di que os edís imputados sen fianza poden seguir no cargo

GC anticorrupción - 27 Setembro 2012

Operación Pokemon: o nacionalista Fernando Varela está na rúa baixo fianza e o socialista Yañez só ten a obriga de comparecer ao ser chamado.

No centro, As xuizas Estela San José e Pilar de Lara, responsábeis a primeira da Operación Campeón e a segunda das operacións Carioca e Pokemon/socialistasdenavia.blogspot

Varela ingresado mentres hai máis detidos

GC anticorrupción - 26 Setembro 2012

O concelleiro do BNG detido no caso Pokemon,atendido no hospital. Nas últimas horas sete presos máis, incluídos un concelleiro do PSOE e varios empresarios. Fontes policiais agardan máis detidos.

Fernando Varela, concelleiro de Ourense (BNG) /terraetempo.com

Detido un concelleiro do BNG

GC anticorrupción - 26 Setembro 2012

Trátase de Fernando Varela que na anterior lexislatura tiña competencias en materia de Tráfico e Policía Local na corporación ourensá. O BNG di que se hai unha imputación terá que "abandonar as súas responsabilidades institucionais"

Relacións da Pokemon coa prostitución da Carioca e o caso Campeón

GC anticorrupción - 25 Setembro 2012

Até 40 nomes de empresarios galegos que lle pagaron comisións a cambio de contratas. Esta é a bomba que soltou onte Francisco Fernández Liñares, ex-concelleiro de Lugo e ex-presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, no seu interrogatorio como imputado na Operación Pokemon. Varios dos detidos da Pokemon saen nos sumarios das operacións Carioca e Campeón.

Francisco Rodríguez, alcalde de Ourense, e Manuel Vázquez, líder do PSdeG

Debe seguir no cargo o alcalde de Ourense?

GC anticorrupción - 23 Setembro 2012

Francisco Rodríguez, négase a aclarar se seguirá no cargo tras ser liberado a cambio dunha fianza de 6.000 euros.

O conselleiro de Cultura Jesús Vázquez visitando o acuario do Museo do Mar, cuxa xestión adxudicouselle a Vendex

As contratas con Vendex desatan o medo en ducias de administracións

GC anticorrupción - 21 Setembro 2012

GC revela que políticos e funcionarios galegos (da Xunta e dos Concellos) contrataron con esta firma, no centro da presunta trama corrupta que mantén no calabozo aos alcaldes de Ourense (PSOE) e Boqueixón (PP).

O caso que rebenta unha campaña

GC anticorrupción - 21 Setembro 2012

Socialistas e populares traballan xa no discurso dos vindeiros días tras a 'Operación Pokemon'. O PPdeG non descarta apartar ao alcalde de Boqueixón da política. O PSdeG insiste na "inoportunidade" do momento elixido para as actuacións xudiciais.

O alcalde de Boqueixón, Adolfo Gacio/festadoviñodaulla.com

Un alcalde do PP detido no 'caso Pokemon'

GC anticorrupción - 20 Setembro 2012

É o rexedor de Boqueixón. "Eu axudei a dilapidar cartos", dixo en 2011. Entre os detidos está o rexedor socialista de Ourense e diversos funcionarios.

Francisco Rodríguez, alcalde de Ourense, e Manuel Vázquez, líder do PSdeG

Redada anticorrupción en Ourense, Lugo e Santiago

GC anticorrupción - 20 Setembro 2012

Detido o alcalde de Ourense, o ex-presidente da Confederación Hidrográfica e un funcionario do Concello de Santiago. Fontes policiais confirman a GC que haberá máis detidos esta mañá en Galicia. A campaña do PSdeG, patas arriba.

Micaela Nuñez Feijóo felicita ao seu irmao tras gañar as eleccións á Xunta

A Xunta divide contratos e dállos á firma na que é directiva a irmá de Feijóo

GC anticorrupción - 01 Agosto 2012

O Goberno dividiu en dous unha adxudicación para dar servizo de atención telefónica aos afectados polas preferentes, o que lle permitiu adxudicarlle a Eulen máis de 70.000 euros mediante o procedemento negociado sen publicidade.

A patronal galega "desviou" fondos públicos

GC anticorrupción - 27 Xullo 2012

A Xustiza imputa ao ex-secretario da Confederación de Empresarios de Galicia. A patronal saca peito por ter denunciado o presunto fraude, cometido hai máis dunha década.

As relacións do PP con Azetanet

GC anticorrupción - 12 Xuño 2012

A Xustiza rexistra a un empresario e líder veciñal da Coruña por cobrar da Xunta cursos que non se impartiron.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.