Quen está detrás do fraude forestal?

GC anticorrupción - 05 Xuño 2012

Unha manifestación percorre as rúas de Vimianzo para denunciar un fraude de máis de dous millóns de euros e no que hai indicios de delitos de falsificación de documentos que terían asinados conselleiros da Xunta.

Tres alcaldes seguen imputados na Orquesta

GC anticorrupción - 23 Maio 2012

Dous edís do PP e outro do PSOE pasarán nas próximas semanas polos xulgados acusados de cobrar comisións por obras e festas.

“Confío que a Xustiza actúe con todos igual”

GC anticorrupción - 21 Marzo 2012

O alcalde de Lugo, José López Orozco, mándalle un recado a Feijóo e anuncia que se querelará contra Dorribo tras a súa imputación no caso Campeón. O ex director do Igape nega ter cometido “ningunha irregularidade”.

A lista completa do «Acción & Klasse» de Dorribo

GC anticorrupción - 21 Marzo 2012

Dorribo, o empresario presunto centro da corrupción da Operación Campeón, creou este club para gañar favores. Conselleiros, periodistas, notarios, empresarios, cargos policiais e mesmo xuíces entre os seus membros. Varios deles tamén imputados na Operación Carioca, sobre prostitución en Lugo.

Baixa a declaración enteira de Urdangarín (PDF)

GC anticorrupción - 20 Marzo 2012

GC publica a declaración completa do xenro do rei na presunta trama corrupta argallada ao redor do Instituto Nóos para cobrar sobreprezos á administracións valéndose da influencia da monarquía.

GC publica a declaración completa de Iñaki Urdangarín ante o xuíz

GC anticorrupción - 20 Marzo 2012

GC accedeu á declaración do xenro do rei. O 24 de xaneiro centos de medios de comunicación de toda Europa acudiron a Palma de Mallorca unicamente para sacarlle unha foto entrando a declarar ante o xuíz José Castro. Hoxe este diario electrónico publica enteiro o interrogatorio a un dos dous presuntos cerebros da trama corrupta argallada ao redor do Instituto Nóos. O empresario bota balóns fóra, culpa aos demais e incluso di que "me están robando". PDF no interior.

Dorribo ao xuíz: "Feijóo era coñecedor da subvención"

GC anticorrupción - 12 Marzo 2012

O sumario da Operación Campeón apunta a que Feijóo quería facer un "proxecto piloto" con Dorribo "nos xeriátricos de Lugo". O 'conseguidor' da reunión entre o presidente da Xunta e o empresario imputado, o deputado Pablo Cobián, ridiculizado polos presuntos corruptores: "Pablo es tonto , que piensa que mandando a su hijo a Italia va a ser como Fernando Alonso". GC publica enteiro o sumario da Operación Campeón. Descarga do tomo 30 no interior.

“Non percibín diñeiro nin favorecín a ninguén”

GC anticorrupción - 09 Marzo 2012

O ex conselleiro Fernando Blanco volve “dar a cara” para explicar a súa implicación na Operación Campeón logo do publicado sobre el nos últimos días. Insiste en que todo o que di Dorribo “son falsidades” polas que “dará conta ante a Xustiza”. Recoñece, pola contra, que “recomendou” a Xoán Manuel Bazarra a uns empresarios cos que viaxou a Camerún.

Todas as forzas da Cámara enlamadas na Campeón

GC anticorrupción - 06 Marzo 2012

Salustiano Mato, acusado de branqueo de capitais, era director de I+D+I co bipartito baixo o mandato de Fernando Blanco.

A Policía rexistra a xerencia de Urbanismo de Sanxenxo

GC anticorrupción - 25 Febreiro 2012

Axentes da Policía Xudicial estiveron o xoves e o venres remexendo en toda a documentación relativa a varios trámites urbanísticos de Sanxenxo tras acudir ao concello con orde xudicial. Entre os expedientes están varios da época de Telmo Martín como alcalde da localidade.

Novos datos da Operación Campeón salpican á Xunta

GC anticorrupción - 04 Decembro 2011

A xuíza investiga a trama de empresas da muller dun alto cargo do IGAPE, que recibiron 7 millóns deste departamento. Os conselleiros Rueda e Guerra escolleron unha delas para presumir de Plan Ferrol.

Investigan unha trama para amañar contratos da Xunta

GC anticorrupción - 02 Novembro 2011

Un funcionario do Consello Galego da Competencia alerta que un grupo de construtoras pactan entre elas para repartirse as adxudicacións. O PSdeG pide explicacións na Cámara.

A Xunta autorizou o vertido do empresario que regalou o Porsche

GC anticorrupción - 30 Outubro 2011

En 2009 a Xunta abriulle expediente sancionador a Manmer por verter a area “potencialmente contaminante” preto dun río. Esta primavera autorizoulle o vertedoiro sen que haxa noticia dalgunha multa. Manmer é propiedade do empresario que presuntamente regalou o Porche ao deputado do PP que dimitiu o sábado.

Rede de farmacias puido colaborar na fraude de Nupel

GC anticorrupción - 02 Xuño 2011

Inspectores da Xunta atopan indicios de facturas falsas de reventa masiva de medicamentos dende boticas ás empresas de Dorribo, o empresario detido na Operación Campión, e agora denunciado polo secretario da patronal luguesa.

O narcotráfico iniciou a Operación Campión

GC anticorrupción - 26 Maio 2011

Dous altos cargos da Xunta libres con cargos pola trama; a Consellería de Industria do bipartito nomeou "entidade colaboradora" a unha das firmas investigadas; presuntos vínculos con Cacharro... GC aporta claves da investigación que sacude Galicia.

Feijóo: “É incompatible calquera irregularidade neste goberno”

GC anticorrupción - 26 Maio 2011

O presidente da Xunta evita respostar sobre o futuro do director xeral do Igape e é ambiguo no seu respaldo ao conselleiro de Industria. Anuncia que a Xunta se personará na Operación Campeón para defender os “intereses” dos galegos. Vídeo no interior.

O suplicio de Guerra

GC anticorrupción - 26 Maio 2011

Javier Guerra está pasando o seu peor momento na Xunta tras a detención do director xeral do Igape, un home da súa confianza. No pleno deste mércores Feijóo evitou ser fotografiado dándolle o seu apoio como fixeron outros membros da Xunta.

O empresario detido logrou numerosas axudas da Xunta

GC anticorrupción - 25 Maio 2011

Jorge Dorribo, arrestado na Operación Campeón, é moi coñecido e ten intereses en medios de comunicación, deporte e farmacéuticas. Varias das firmas que dirixe levaron subvención do IGAPE , cuxos directivos tamén foron detidos. A Xunta defende a presunción de inocencia dos seus altos cargos.

Detidos dous altos cargos da Xunta

GC anticorrupción - 24 Maio 2011

O IGAPE no centro dunha presunta trama de lavado de cartos con ramificacións en Lugo. Axentes chegados de Madrid deteñen ao director e ao subdirector do órgano da Xunta encargado de subvencionar empresas. O Goberno Galego defende a súa presunción de inocencia

A “Caixa B” da Operación Orquesta

GC anticorrupción - 13 Maio 2011

Quen alimenta a famosa “Caixa B” do Concello de Cee na Operación Orquesta?

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.