Comunicación - 02 Agosto 2007
Case 50 xornalistas, entre cámaras e redactores, asistiron hoxe a rolda de prensa de Alejandro Sanz para presentar o concerto que dará o vindeiro sábado en Santiago con Shakira, a maior parte deles dos chamados medios do corazón. E, por suposto, non faltaron os "pelotilleros de turno"...
Comunicación - 31 Xullo 2007
A Autoridade Portuaria de Vigo case que cuadriplicou os gastos en campañas de publicidade dende 2005 a 2006, cando o seu presidente era o actual alcalde da cidade, Abel Caballero, ao pasar dos 237.288,19 euros en 2005 a 849.857,55 euros en 2006...
Comunicación - 26 Xullo 2007
Remitennos unha mensaxe comunicandonos que, dende onte, está na rede un novo portal informativo sobre temáticas relacionadas con Galicia co obxectivo de converterse nun "ponto de encontro vertebrador de toda a comunidade cibernetica galega, independentemente de qual for a sua ideologia, condiçom u opçom linguística e ortográfica"...
Comunicación - 20 Xullo 2007
O Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) denuncia, a través da Federación de Sindicatos de Periodistas (FESP) o secuestro de 'El Jueves'...
Comunicación - 20 Xullo 2007
O xuiz da Audiencia Nacional Juan Del Olmo ordenou hoxe o secuestro de todos os números da revista satírica El Jueves, por considerar que a portada desta semana, na que aparece unha caricatura dos Príncipes de Asturias nunha postura sexual, supón un ataque á Coroa.
Comunicación - 25 Xuño 2007
Logo das eleccións sindicais na TVG, e con case un cuarto dos votos en blanco, a situación laboral no ente público está estancada...
Comunicación - 07 Xuño 2007
O blog Augasceives comunicanos que da un salto informativo...
Comunicación - 15 Maio 2007
O programa 'Hai debate' acadou onte un 18% do share durante o debate que mantiveron Anxo Quintana, Alberto Núñez Feijoo e Xosé Clemente López Orozco. En total, 121.000 espectadores, 14.000 máis que no anterior debate, e dous puntos máis de share. Este espacio foi o terceiro máis visto en Galicia, tras 'Mira quien baila', de TVE e CSI, de Telecinco.
Comunicación - 14 Maio 2007
O Colexio de Xornalistas rexeita o sistema de bloques aplicados á información electoral nos medios públicos e pide que se apliquen criterios profesionais. Preme aquí.
Comunicación - 14 Maio 2007
A Secretaría Xeral de Analese e Proxección, dependente da Presidencia da Xunta, convoca un concurso para a tramitación urxente dun contrato de servizos para o seguimento de información en medios de comunicación audiovisuais e sistemas de arquivo...
Comunicación - 11 Maio 2007
A familia de José Couso remitenos un comunicado no que aclara as críticas realizadas ao xornalistas estadonidense John Lee Anderson tras a concesión do III premio de Liberdade de Espresión por parte do Colexio de Xornalistas de Galicia...
Comunicación - 11 Maio 2007
Os técnicos da TVG en Ferrol protagonizaron esta madrugada un plante en protesta polas xornadas laborais "interminables" ás que están sometidos....
Comunicación - 09 Maio 2007
A Vicepresidencia realiza un novo concurso de contratación para a publicación do Infoxove, o boletín de información para os mozos galegos, que agora imprime o Grupo Compostela, ó que pertence El Correo Gallego...
Comunicación - 07 Maio 2007
Onte foi un día de moitas carreiras, tensión e contraordes na TVG e RG. Os dirixentes da canle pública enfrascaronse nunha enconada discusión para ver se introducían nos informativos unha crítica de Quintana a Touriño e Núñez Feijóo por non asistir ó programa 'Hai debate'...
Comunicación - 04 Maio 2007
O SXG gañou onte as eleccións sindicais en La Región con tres representantes no Comité de Empresa. CC.OO. acadou dous, UXT, outros dous e a CIG, tamén dous. Nun comunicado, o SXG salienta que os seus principais obxectivos son aumentar os días líbres dos traballadores e os seus salarios. Tamén felicita a todos os sindicatos elexidos e chama á colaboración a traballadores e empresa para impulsar a situación laboral do primeiro xornal de Ourense. Podes ver a nota aquí.
Comunicación - 01 Maio 2007
O Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) denuncia a discriminación laboral das traballadoras do sector da comunicación na Comunidade. No Día do Traballo denuncia que só o 2,9% das mulleres ocupan postos directivos nos medios a pesar de ser maioría nas redaccións. Estes datos son parte dunha ponencia que o SXG presentará o vindeiro sábado en Lugo no marco da V Convención de Xornalistas de España que organiza o FOP a través do Colexio de Xornalistas.
Comunicación - 25 Abril 2007
Os últimos datos do EGM non sentaron nada ben na dirección dos grandes medios de comunicación escritos de Galicia...
Comunicación - 25 Abril 2007
Informannos que ao longo deste mes estará en Galicia un grupo de xornalistas arxentinos vinculados a Galicia realizando un programa sobre a actualidade da emigración que levará por título "España Hoy"...
Comunicación - 25 Marzo 2007
O CPXG emitiu un comunicado criticando o boicot do PP contra o Grupo Prisa e sinala que é un "ataque inadmisible" contra o dereito da información. Ver o comunicado aquí.
Comunicación - 12 Marzo 2007
Ao longo do día de hoxe, a información sobre 'O caso Losada' de Galiciaconfidencial tivo problemas de acceso nalgúns departamentos da Xunta. Dende Vicepresidencia asegúrannos que non teñen nada que ver con estes problemas informáticos e que o propio Antón Losada se puxo en contacto coa Consellería da Presidencia para que resolveran o problema canto antes, posto que a cuestión lle afectaba "persoalmente" a el. Dende a Xunta afirman que, efectivamente, houbo algún pequeno problema pero que xa está resolto.