Comunicación - 12 Marzo 2007
A División de Recursos Económicos do Sergas convoca un concurso para a a adquisición de preservativos por un valor de 93.000 euros. Por outra banda, o Igape adica 300.000 euros para mercar espazos en prensa especializada internacional. Máis información aquí e aquí.
Comunicación - 27 Febreiro 2007
A Consellaría de Traballo saca a concurso a contratación de servizos para a adquisición de espazos en prensa e radio para a difusión e divulgación da prevención de riscos laborais en Galicia. En total, 300.000 euros. Podes consultar os pregos de condicións aquí.
Comunicación - 25 Febreiro 2007
O colectivo Ciberirmandade da Fala anuncia que comenza unha campaña contra El País para que este xornal publique a súa nova edición de Galicia en galego...
Comunicación - 22 Febreiro 2007
O Sindicato de Xornalista de Galicia anuncia hoxe que, a pesar de non poder ter conformado unha candidatura para presentarse ás eleccións ao Comité de Empresa da CRTVG que terán lugar mañán, loitará para rematar coa precariedade laboral e a regularización da contratación na CRTVG. Ademáis, os traballadores da delegación da CRTVG en Lugo anuncian novidades na súa situación...
Comunicación - 22 Febreiro 2007
Segundo nos contan o xornal La Voz de Galicia está a sufrir importantes problemas informáticos que poderían, mesmo, ameazar con paralizar a saída á rúa mañán deste medio de comunicación. Unha situación que, de producirse, sería a primeira vez que acontecería.
Comunicación - 08 Febreiro 2007
O presidente galego non consegue endereitar as súas relacións con La Voz de Galicia. A pesar dos numerosos recados que lle ten remitido ó editor deste medio, Santiago Rey Fernández-Latorre, por persoas intermedias, a situación continúa sendo tensa...
Comunicación - 02 Febreiro 2007
Acabanos de chegar unha carta que a sección sindical da CIG na CRTVG lle remitiu a Antón Losada na que critican a volta de 'Superpiñeiro' á TVG...
Comunicación - 01 Febreiro 2007
O manifesto de e-gallaecia (do que xa dimos conta) trouxo e trae, aínda, marexada entre un sector das empresas tecnolóxicas do país, das universidades de Vigo e A Coruña e da propia Xunta...
Comunicación - 31 Xaneiro 2007
A pesar dos distintos xuizos que lle están dando a razón ós traballadores das delegacións encubertas, a CRTVG sinala que non ten delegacións en ningunha cidade galega, en España ou no exterior, ainda que asegura que TVG, S.A. dispón de delegacións en Vigo, A Coruña e Madrid e "un contrato con diferentes produtoras para a prestación dun servizo de novas en dez cidades; A Coruña, Pontevedra, Vigo, Lugo, Ourense, Ferrol, Burela, Madrid, Bruxelas e Porto". Podes ler a resposta parlamentaria...
Comunicación - 24 Xaneiro 2007
Unha nova sentencia en Lugo dalle a razón ós traballadores das delegacións da TVG que denunciaron ó ente público por telos contratados a través de empresas externas. Xa son cinco os traballadores ós que os tribunais lle teñen dado a razón...
Comunicación - 23 Xaneiro 2007
El País e Vicepresidencia non pasan polas suas mellores relacións. Tampouco as que mantén a Presidencia da Xunta con La Voz de Galicia. Nos últimos meses tense polarizado o abano informativo de Galicia...
Comunicación - 23 Xaneiro 2007
O xornal La Región ven de despedir a dous traballadores (unha delas membro do Comité de Empresa por UGT) amparandose nunha suposta reestructuración do traballo dentro do xornal. O pasado martes, ducias de persoas concentraronse en Ourense para protestar por estes despidos. Tanto UGT como o Sindicato de Xornalistas de Galicia veñen de denunciar o comportamento da dirección deste medio.
Comunicación - 16 Xaneiro 2007
O Concello de A Coruña puxo en marcha un dispositivo especial de seguridade o pasado 4 de xaneiro con motivo da inauguración da rúa en homenaxe a Santiago Rey-Fernández Latorre, propietario do Grupo Voz...
Comunicación - 20 Decembro 2006
O director xeral da CRTVG, Benigno Sánchez, suliñou hoxe que para a TVG é "tan importante" o público do Debate de Autonomía como o que conta a serie norteamericana, 'Os vixiantes da Praia', tralas críticas do PP por non terse emitido na canle pública as declaracións dos portavoces parlamentarios nos pasillos da Cámara durante o debate autonómico.
Comunicación - 20 Decembro 2006
O SXG informa que esta semana terán lugar outros seis xuizos máis dos traballadores das delegacións da CRTVG en Lugo e A Coruña. Ademáis, insta a dirección do ente público que cumpla coa súa promesa de rematar coa precariedade laboral. Os tribunais xa lle deron a razón a duas traballadoras da delegación de Vigo. Podes saber máis aquí.
Comunicación - 14 Decembro 2006
Galicia Confidencial publica os datos referentes aos contratos realizados pola CRTVG con produtoras externas nos anos 2005 e 2006, así como ás porcentaxes de produción propia neses anos. Unha información que o Ente público remitiu ó Parlamento galego.
Comunicación - 07 Decembro 2006
Esta mesma tarde solucionaronse os "problemas" que había no servidor da Xunta (polo menos en San Caetano) para acceder ó Galicia Confidencial. Segundo fontes do propio departamento de informática, o problema é que o Goberno galego está "actualizando" o sistema de filtros para detectar virus ou páxinas inapropiadas. Dende a Xunta puntualizan que non hai "manos negras" nin "censuras" neste caso. Dende a redacción de Galicia Confidencial agradecemos a todos os lectores que se preocuparon por esta situación, así como ós dixitais -xuntas.com, por exemplo- que se fixeron eco dela.
Comunicación - 05 Decembro 2006
A decisión de Xosé Manuel Vega de non participar nos Premios Galicia Comunicación de 2006 e de abandonar o xurado cunha crítica furibunda hacia estes galardóns non sentou nada ben na Xunta, especialmente, ó secretario xeral de Comunicación, Fernando Salgado, e ó propio presidente galego, Emilio Pérez Touriño...
Comunicación - 02 Decembro 2006
Os traballadores das delegacións da CRTVG remitennos un comunicado no que nos anuncian que o ente público xa tivo o "primeiro revés xudicial tras as denuncias das delegacións"....
Comunicación - 29 Novembro 2006
O decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), Xosé Manuel Vega, abandonou hoxe a xuntanza do xurado dos 'Premios Galicia Comunicación 2006' tras ler unha carta na que denunciaba a súa desconformidade coa concesión de premios aos xornalistas e aos medios de comunicación por parte dos poderes políticos xa que "é impropia dun sistema democrático". Non é a primeira vez que Vega denuncia esta práctica política, especialmente, durante a época de Fraga. Podes consultar a misiva aquí.