Comunicación - 29 Novembro 2006
Así o cre o director xeral da CRTVG, Benigno Sánchez, quen hoxe afirmou no Parlamento que son os profesionais da Radio Galega e da Televisión de Galicia os que din o que se incorpora nun espacio informativo...
Comunicación - 28 Novembro 2006
A CRTVG e Educación firmaron hoxe un convenio para que, dentro da convocatoria de probas libres para a obtención de titulacións de Formación Profesional, a consellería analice a posibilidade de incluír entre as titulacións ofertadas aquelas vencelladas a determinados postos de traballo da CRTVG.
Comunicación - 22 Novembro 2006
Hoxe deu comezo a edición galega de El Pais, con un cuaderniño central de 88 páxinas a toda cor (con só catro artigos en galego) e unha entrevista a Emilio Pérez Touriño. Dende Galicia Confidencial desexamoslle moi boa sorte a todos os compañeiros que se teñen embarcado neste novo proxecto... Tamén La Voz de Galicia publica outra entrevista con Anxo Quintana, sobre o proceso da XII Asamblea Nacional.
Comunicación - 21 Novembro 2006
Na CRTVG haberá eleccións sindicais a comezos do próximo ano. Onte a noite, dimitiu, finalmente, o Comité de Empresa da compañía, unha decisión que se produce tras o masivo rexeitamento dos traballadores ó convenio colectivo que propuxo o ente público e os sindicatos.
Comunicación - 09 Novembro 2006
O director xeral da CRTVG, Benigno Sánchez, lamentou hoxe que non fora refrendado o convenio colectivo que él tiña acordado "por primeira vez na historia" do Ente público cos catro sindicatos; CIG, UXT, CCOO e USO. Por iso, se solidarizou cos sindicalistas que demitiron do Comité de Empresa, aínda que non se considera responsable de que dous tercios dos traballadores teñan rexeitado o convenio en referendum...
Comunicación - 08 Novembro 2006
Onte, no acto de entrega de premios Fernández Latorre, non foron poucos os que vincularon o bo xornalismo con La Voz de Galicia. "El periodismo responsable protagoniza la entrega del Premio Fernández Latorre", "Barreiro destaca a vinculación histórica entre a Academia e o xornal", "O presidente da Xunta subliña a «insubornable defensa dos intereses de Galicia» por La Voz" e "Santiago Rey defiende la independencia de la prensa para el progreso de Galicia"...
Comunicación - 03 Novembro 2006
Os traballadores das delegacións da CRTVG denunciaron hoxe que a dirección do ente público adoptou unha "actitud mafiosa" con eles e outros compañeiros e aseguran ter recibido "ameazas de despido" se declaran nos xuizos contra a compañía. Ademáis, téñennos remitido información sobre os xuizos dos traballadores da delegación da CRTVG en Lugo...
Comunicación - 02 Novembro 2006
O CPXG fixo público hoxe un comunicado no que lle pide ás institucións públicas que "extremen o respeto" nas relaciós cos medios de comunicación e "eviten comportamentos que podan perturbar o exercicio do dereito á información". O comunicado foi en resposta a demanda de solicitude de amparo presentada polo xornalista de El Correo Gallego, Luis Pérez, que foi rexeitada. Podedes acceder aquí a nota de prensa, e aquí a resolución da solicitude.
Comunicación - 26 Outubro 2006
O Sindicato de Xornalistas de Galicia, ao igual que fixo o Colexio de Xornalistas, amosou hoxe o seu apoio aos traballadores da CRTVG e denunciou a privatización do Ente público..
Comunicación - 25 Outubro 2006
Hoxe abordouse na Cámara a promesa dos grupos do bipartito de democratizar o funcionamento da CRTVG coa elección do seu presidente polos dous tercios do Parlamento...
Comunicación - 19 Outubro 2006
Os traballadores das Delegacións da TVG en Galicia remitironnos un novo comunicado no que denuncian as modificacións que está a levar a cabo a compañía, logo das denuncias contra ela. Segundo eles, a dirección "trata de aparentar unha legalidade, polo visto, inexistente ata o de agora"...
Comunicación - 02 Outubro 2006
Reproducimos un comunicado remitido dende a Delegación da RTVG en Lugo onde os traballadores denuncian a situación de "precariedade e o desprezo" co que están a ser tratados por parte da CRTVG en San Marcos que "decidiu non consideralos traballadores da compañía". Por iso decidiron presentar unha demanda xudicial para que se recoñezan os seus dereitos...
Comunicación - 01 Outubro 2006
Finalmente, o non ó convenio colectivo da CRTVG impuxose hoxe na votación que se celebrou no Ente público. Deste xeito, os traballadores opuxeronse ó acordo que tiñan adoptado a maior parte dos sindicatos coa dirección da empresa...
Comunicación - 15 Setembro 2006
Hai unhas semanas falabamos do malestar que tiña causado nalgúns grúpos mediáticos a concesión das TDT´s, e mesmo dos problemas que xurdiron entre as formacións do bipartito...
Comunicación - 11 Setembro 2006
Anunciannos a aparición dun novo confidencial en Betanzos. Agardamoslle longa vida. Podedes acceder a el premendo aquí.
Comunicación - 27 Xullo 2006
Remitennos un comunicado sobre á resolución que o Concello de Santiago fixo para a cobertura dunha praza de xornalista e na que se empregou a entrevista como "factor decisivo" -9,33 puntos obtivo a persoa seleccionada-, fronte a nota do concurso...
Comunicación - 12 Xullo 2006
O Sindicato de Xornalistas de Galicia posicionouse hoxe a favor dos traballadores dos medios locais que poden perder o seu traballo tras a concesión das licencias das televisións dixitais locais. Sen entrar a valorar a selección de empresas feita pola Xunta destaca que "non permitirá que o lanzamento destes medios se realice a costa de facer aínda máis precarias as pésimas condicións laborais dos traballadores da comunicación". Podes ler a nota aquí.
Comunicación - 11 Xullo 2006
Tal e como xa anunciamos hai uns días, a Secretaría Xeral de Comunicación estivo negociando a futura edición do Diario Oficial de Galicia (DOG), que ata agora se publicaba nas rotativas do Grupo Voz. O pasado venres saía a concurso a "adquisición e posta en marcha dun sistema editorial para o Diario Oficial de Galicia" por un montante de 383.000 euros e un prazo de tres anos. O consurso resolverase dentro de dous meses e poden ser seleccionados varios adxudicatarios. Podes consultar o prego de condicións aquí."
Comunicación - 10 Xullo 2006
A concesión das licencias de televisión local está xenerando un profundo malestar en determinados grupos mediáticos da comunidade, concretamente en Televigo, unha televisión local de Vigo que emprega a preto de medio cento de persoas. O seu director, Roberto Fontán, comezou unha campaña de denuncia do acontecido no Consello da Xunta do pasado xoves. Tamén Canal 31 anunciou o inicio dunha ofensiva legal...
Comunicación - 06 Xullo 2006
Tal e como xa anunciou Galiciaconfidencial a pasada semana, o Consello da Xunta aprobou hoxe as 46 licencias de televisión dixital tras recibir 87 ofertas e analizar tres informes técnicos diferentes...