Derbi entre o Santiago Futsal e o Azkar Lugo.

Santiago Futsal-Azkar Lugo, un derbi para abrir a LNFS

Deportes - 12 Xullo 2013

A Liga de Primeira, con tres equipos galegos de quince participantes, principiará o 14 de setembro. O Burela Pescados Rubén debutará en Peñíscola e O Parrulo Ferrol xogará en Segunda.

Os clubs da LEB Ouro, contra a Federación

Deportes - 11 Xullo 2013

Os equipos piden axuda ao CSD e reclaman unha rebaixa das esixencias, 180.000 euros de aval e 40.000 de cota, para poder competir.

Damiá Ramos, nun partido co Mallorca B. / futbolbalear.es

O Coruxo segue a reforzarse

Deportes - 11 Xullo 2013

O lateral zurdo Damiá Ramos, procedente do Mallorca B e que asina por unha tempada con opción a outra, é a cuarta fichaxe do equipo vigués.

O presidente Lendoiro co central Kaká. / canaldeportivo

Lendoiro non ve problemas: "Cada vez hai máis cartos"

Deportes - 11 Xullo 2013

O presidente do Deportivo sostén que hai 15 ou 16 millóns nas arcas branquiazuis e insiste, na presentación do central Kaká, en que a viabilidade está garantida.

Alberto Corbacho, xogador do Obradoiro.

Corbacho, convidado á Selección Española

Deportes - 10 Xullo 2013

O escolta do Obradoiro é un dos quince convocados polo seleccionador Juan Antonio Orenga para preparar o Europeo de Eslovenia, do 4 ao 22 de setembro.

Fredi, adestrador da SD Compostela.

Fredi renova polo Compos

Deportes - 10 Xullo 2013

O adestrador de Moaña liderará o proxecto para consolidarse na 2ªB tras acadar o ascenso á primeira.

Un dos últimos encontros entre o Celta e o Dépor/ moiceleste.com

Multado por ir ao derbi

Deportes - 09 Xullo 2013

Un socio do Dépor de 25 anos denuncia que o día do derbi galego foi identificado pola Policía e agora recibe unha multa por lanzar botellas aos axentes, algo que nega ter feito.

Celta-Espanyol, primeira xornada de Liga

Deportes - 09 Xullo 2013

Las Palmas-Deportivo e Lugo-Numancia, as estreas na Segunda División. A tempada principiará o 17-18 de agosto e rematará o 18 de maio en Primeira e o 7 de xuño en Segunda.

Luis Enrique, cos xogadores, na Madroa. / Diego Pérez

O Celta de Luis Enrique bota a andar na Madroa

Deportes - 08 Xullo 2013

Os célticos, á espera de novas fichaxes, inician a pretempada con dezaoito xogadores e ata nove ausencias. O sábado 18 viaxarán a Mondariz-Balneario.

A embarcación de Tirán, na proba de Portugalete.

Histórica vitoria de Tirán

Deportes - 07 Xullo 2013

A traiñeira de Moaña adestrada por Dani Pérez gaña a súa bandeira, diante do seu público, por primeira vez na historia. Leva dous triunfos en cinco probas da Liga.

Gómez Noya, na carreira a pé

Gómez Noya segue líder no Mundial a pesar da decepción de Kitzbühel

Deportes - 06 Xullo 2013

O triatleta ferrolán entrou 13º na proba austríaca, quinta das series mundias, gañada polo británico Alistair Brownlee.

Fernando Vázquez, adestrador do Dépor.

O Dépor súa de novo

Deportes - 06 Xullo 2013

O equipo deportivista inicia a pretempada condicionado pola ausencia de fichaxes derivada do proceso concursal e polo optimismo que irradia Fernando Vázquez.

O incerto futuro do baloncesto galego

Deportes - 05 Xullo 2013

Breogán, COB e Basket Coruña formalizan a inscrición na LEB Ouro, pero ourensanos e coruñeses non teñen garantida a súa presencia pola falla de apoio económico.

O Compos, co presidente da Xunta en Monte Pío.

O Compos xa é de 2ªB

Deportes - 05 Xullo 2013

O club santiagués anuncia que xa negociou coa Federación e non terá que avalar 400.000 euros para competir na nova categoría. Queda por pechar a renovación de Fredi, o adestrador de Moaña que acadou o ascenso.

Augusto César Lendoiro, presidente do Deportivo.

Ultimato ao Deportivo para un acordo cos acredores

Deportes - 02 Xullo 2013

Os administradores do concurso avisan ao club de que se non hai avances en quince días pedirán ao xuíz a liquidación da sociedade anónima. Lendoiro insiste: "Non vai pasar nada".

Jordi Bargalló, nun partido co Liceo.

Bargalló e Toni Pérez, dous liceístas na preselección para o mundial de Angola

Deportes - 02 Xullo 2013

África organizará por primeira vez na historia o campionato do mundo de hóckey a patíns do 20 ao 28 de setembro. España aspira ao 5º título consecutivo.

Nolito, nun partido co Barça B. /celtadevigo.net

Terceira fichaxe do Celta

Deportes - 01 Xullo 2013

Nolito, dianteiro do Benfica que marcou 13 goles na tempada 2010-11 con Luis Enrique no Barça B, únese aos reforzos xa anunciados de Fontás e Charles.

Os xogadores do Compos celebran o ascenso en Cieza. /@SD_Compostela

Novo ascenso do Compos

Deportes - 30 Xuño 2013

O Compostela, que sobe dúas categorías en dous anos, vence de novo 0-2 ao Cieza e únese a Racing e Celta B no ascenso a 2ªB. O Laracha xogará en Terceira.

O Fabril perde 2-0 en Málaga e queda en Terceira

Deportes - 29 Xuño 2013

El Palo marca os goles que necesitaba para remontar o 4-2 e impide con accións extradeportivas que se siga xogando.

Os xogadores do Celta B, no aeroporto de Madrid-Barajas.

O Celta B volve á 2ªB

Deportes - 29 Xuño 2013

O filial céltico empata 2-2 en Getxo e regresa á terceira categoría só un ano despois do seu descenso. O Bertamiráns xa é equipo de Terceira.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.