Deportes - 20 Febreiro 2006
O deportista de Triatlón, Javier Gómez Noya, quere acadar un posto de honra na vindeira competición tras a restitución por parte da Federación de Atletismo da súa licencia federativa. O campión mundial sub 23 en 2003 e oitavo no campeonato absoluto de Madeira, en maio de 2005, quere resarcirse cun metal dos malos momentos que lle fixo pasar a federación e demostrar o seu alto nivel de competición.
Deportes - 13 Febreiro 2006
Horacio Gómez está disposto a renovarlle o contrato ó adestrador do Celta, Fernando Vázquez. Unha posibilidade que xa adiantou o director deportivo do Celta, Felix Carnero, aínda que no clube queren agardar a finais da tempada para mover ficha. Quen o ten máis difícil é Gustavo López, que xa comentou que quere retirarse no Celta.
Deportes - 13 Febreiro 2006
O Breogán ten xa unha nova estrela, Gerald Brown. O base norteamericano é un dos principais piares do equipo galego logo de adaptarse perfectamente ó xogo do Breogán e foi un dos principais activos para a contundente victoria contra o Pamesa. Hai moitos en Lugo que xa o comezan a comparar con Charlie Bell.
Deportes - 13 Febreiro 2006
Non son poucos os siareiros que critican as fichaxes de Arizmendi e Gallardo polo Deportivo da Coruña a pesar de ser presentadas como "gangas". Piden revulsivos con capacidade goleadora e comparan os dous millóns que custaron co millóns que pagou o Betis por Robert e Tardelli, con máis proxección futbolística.
Deportes - 06 Febreiro 2006
A situación do Racing de Ferrol é explosiva. O divorcio entre a directiva do clube e a afeción é cada vez maior e ameaza con crear unha división insalvable, sobre todo tras os malos resultados do clube. Na Malata podíanse ver estes días pintadas contra o presidente, Isidro Silveira, e as fichaxes de varios xogadores franceses; "Fichais mercenarios, dais la espalada a la afición... Luego preguntaros por qué cada año somos menos", "Silveira: + Nachos y - gabachos", "Silveira: eres el cáncer del racinguismo".
Deportes - 06 Febreiro 2006
Comentase que os vampiros da Federación pasaron hai un días por Balaídos para facerlle as probas a 10 xogadores celestes. Esta inspección coincidiu con outra que a UEFA lle fixo ó Villareal.
Deportes - 06 Febreiro 2006
Non están sendo fáciles as negociacións entre o Depor e José Francisco Molina para a renovación do contrato do meta coruñés. Hai moitas discrepancias, principalmente, económicas que o porteiro valenciano non está disposto a deixar pasar pero, por agora, non quere ser el quen poña atrancos ás negociacións.
Deportes - 06 Febreiro 2006
Non son poucos os xogadores de fútbol sala que reclaman unha liga galega tras a victoria do Lobelle na Copa e o éxito deste deporte na comunidade. Actualmente, ademáis do equipo de Santiago, o Azkar e o Barcel de Lugo, forman parte da Liga de Honor, tres equipos de doce.
Deportes - 30 Xaneiro 2006
O presidente do Leite Río Breogán asumirá só a crise que vive o clube. Non atendeu as peticións da súa directiva para cesar a Moncho López e o deixaron só. O empresario lugués non está disposto a ceder na súa aposta polo adestrador, a pesar dos berros de 'dimisión, dimisión' que se escoitaron esta fin de semana. A victoria ante o Granada axudou a calmar a situación aínda que esta semana haberá unha reunión no clube, que se prevé tensa, para elexir nova dirección. Moncho López confía en que Gerald Brown poida ser o rebulsivo que necesita, como Bell na pasada tempada.
Deportes - 30 Xaneiro 2006
O deportista de Triatlón, Javier Gómez Noya, campeón mundial sub 23 en 2003 e oitavo no campeonato absoluto de Madeira, en maio de 2005, está pasando moi malos momentos. A Federación de Atletismo retiroulle a licencia de competición porque sufre una malformación conxénita cardiaca, unha valvulopatía aórtica. El asegura que isto non o inhabilita para competir e, mesmo, ten informes de grandes médicos mundiais que o avalan. A Xunta xa amosou a súa disposición a defender a Noya ante os tribunais deportivos.
Deportes - 30 Xaneiro 2006
Esta frase foi onte a máis recurrente na segunda parte do Celta-Madrid, un encontro onde o equipo galego foi moi superior ó Real e onde o árbitro non viu ou non quixo ver un gol de Silva, anulou outro e non quixo expulsar a woodgate. O mellor, o gran xogo do equipo vigués, o peor, algúns insultos racistas contra os xogadores de raza negra do Madrid.
Deportes - 23 Xaneiro 2006
Hai moita tensión no Leche Río Breogán despois da súa abultada derrota ante o Fuenlabrada por 25 puntos. Xa son varios os partidos consecutivos que perde o equipo galego e o futuro de Moncho López está na corda floxa. A directiva do clube está buscando os avais necesarios para rescindirlle o contrato, algo que podería acontecer nos vindeiros días. Pero, mentres, trae ó base estadounidense Geral Brown, procedente do Partizan de Belgrado, para tentar aliviar a situación ata finais desta tempada.
Deportes - 23 Xaneiro 2006
No Celta xa están buscando un sustituto para Giovanella se se confirma a súa sanción e se Oubiña non continúa. Un dos que sona é o camerunés Djemba-Djemba, medio defensivo con moito parecido no xogo a Makelele. Xogou no Nantes e logo fichou polo Manchester que o cedeu a varios equipos ingleses.
Deportes - 23 Xaneiro 2006
O Futbol sala galego tamén acadou o seu momento de gloria. Logo de anos na división de honor chegou o recoñecemento a un deporte que en Galicia ten a moitos afecionados. "Somos dignos ganadores de la Copa, nos merecemos este título. Ha sido un gran final en una gran final, sobre todo por la emoción de los penaltis. La clave del triunfo ha sido nuestra fuerza mental", resumiu o partido o adestrador do Lobelle Venancio López. Santiago ten preparado unha grande acollida tanto hoxe no aeroporto como mañán, cando o equipo será recibido polo Concello de Santiago e ofrecerá a todos os afecionados a Copa na Praza do Obradoiro.
Deportes - 16 Xaneiro 2006
Na famosa proba do deserto tamén houbo galegos, aínda que pouco se falou deles. Un dos máis activos foi o piloto Fran Gómez Pallas, que conseguiu rematar a proba na 53ª posición a pesar de ter unha lesión nun dedo, unha ferida no queixo e o xeonllo en "carne viva". Tamén participou Manuel Díaz como piloto dun camión que se averiou na metade da proba, aínda que conseguiu repartir a axuda humanitaria que levaba en Mauritania e Bamako.
Deportes - 16 Xaneiro 2006
Os últimos partidos do Deportivo están demostrando que a canteira do equipo pide paso. Valerón xa ten un digno sucesor, Rubén Castro; Xisco semella máis adaptado que Taborda e Iago tamén o da todo no campo. Haberá que ver o que fai Caparrós.
Deportes - 16 Xaneiro 2006
O Pontevedra agarda que a principios de febreiro esté aberto o proceso de conversión en Sociedade Anónima Deportiva (SAD). Un dos principais obxectivos é superar os 4.400 socios actuais para acadar os 6.000 da pasada tempada. O clube tamén pensan en impoñer o nome de Nino Mirón á Fundación do equipo.
Deportes - 16 Xaneiro 2006
O dianteiro mexicano Carlos Vela podería recalar no Celta esta mesma semana. Vela, que fixo un moi bo Mundial SuB 17 foi fichado recentemente polo Arsenal inglés por 4,2 millóns de euros e podería ser cedido ó Celta de Vigo. O mexicano, que ten 16 anos, tamén estivo no punto de mira do Valencia, e podería recalar nas divisións inferiores do Celta ou ser cedido, novamente, a un clube de Segunda.
Deportes - 10 Xaneiro 2006
O Leche Río Breogán leva unha mala racha e o seu adestrador, Moncho López, xa non se libra das críticas da directiva e da afeción. A pesar de ser un home claro á hora de falar, a derrota ante o Madrid por case 50 puntos de diferencia, puxoo contra as cordas. Ó parecer, o ferrolano deulle unha "charla" ós seus xogadores e foi alto e claro. Algúns sairon coas orellas vermellas.
Deportes - 10 Xaneiro 2006
Nace www.futbolgalego.net, un novo portal sobre todas as categorías do futbol galego e tamén de futbol sala. Dende Galiciaconfidencial desexamoslle moita moita sorte.