Deportes - 10 Decembro 2010
Siareir@s Galeg@s logra un ano máis organizar un encontro dun combinado galego cun conxunto afeccionado internacional para reivindicar seleccións propias para Galicia.
Deportes - 02 Novembro 2010
Mulleres Deportistas Galegas (Mudegá) súmase á campaña en defensa do recoñecemento das profesionais do fútbol.
Deportes - 14 Outubro 2010
Ezequiel Mosquera e Serafín Martínez, ciclistas do Xacobeo, participan na nova campaña das coordinadoras de normalización para defender o uso do galego.
Deportes - 12 Outubro 2010
O director xeral de Deportes da Xunta lavouse as mans malia que coñecía dende abril que o equipo ciclista contratara un médico con antecedentes relacionados coa dopaxe, denuncia o doutor Juan Manuel Rodríguez nunha explosiva entrevista.
Deportes - 22 Setembro 2010
"Un año más me satisface comprobar que el Rally Sur do Condado-Gedas se vuelve a celebrar como prueba puntuable ...". Así comeza a saúda de Lete Lasa nunha das competicións máis importantes do motor galego. Documento no interior.
Deportes - 13 Xullo 2010
O trunfo no Mundial desata celebracións (vídeos no interior) e críticas entre os internautas galegos, pero a unanimidade é total nos grandes medios.
Deportes - 08 Xullo 2010
O fútbol esta rexindo a actualidade informativa dos últimos días. É tanta a paixón pola selección española e polas súas victorias en Sudáfrica que o movemento social que está a provocar está dexenerando en movementos políticos a favor e en contra.
Deportes - 13 Xaneiro 2010
Deportistas de élite galegos consideran un "show" a travesía a nado na ría de Arousa realizada polo nadador David Meca e critican a súa marxinación por parte da Xunta.
Deportes - 20 Decembro 2009
O fútbol español e a política sempre camiñaron da man e, agora, máis que nunca. Esa é a tese da web deportiva Goal que analiza a politización do deporte do balón en España e a súa relación coas distintas linguas e culturas do estado e vincula os distintos equipos coa defensa de nacionalismos ou centralismos.
Deportes - 17 Decembro 2009
O presidente da Xunta repetiu hoxe, ata en tres ocasións, o compromiso do seu goberno en apoiar o deporte de élite, aínda que a primeira convocatoria de axudas do seu executivo teña deixado sen subvencións a deportistas coma Carlos Paz, Celso Míguez, Fernando Echevarri, Javier Gómez Noya ou Eva Castro.
Deportes - 17 Decembro 2009
Nin Carlos Paz, nin Celso Míguez, nin Fernando Echevarri, nin Javier Gómez Noya, nin Eva Castro... Ningún destes deportista de élite conta con subvención da Xunta este ano.
Deportes - 14 Decembro 2009
Os xogadores do combinado galego de fútbol queren xogar un novo partido. Son xa unha gran familia e disfrutan xogando. Acudirían gustosos a unha nova chamada da federación e ven motivos políticos na decisión de suprimir o encontro deste ano.
Deportes - 03 Decembro 2009
No programa 'El aprendiz' de La Sexta levan algúns días dándolle volta a unha campaña de márketing para "vender" o Deportivo. Houbo propostas varias; un cuasi-esquelete co lema 'El Depor se lleva por dentro' que non gustou ao xefe de Relacións Públicas do clube ou o eslogan "Me llamo Deportivo, me apellido Coruña". Parece que o lema dos siareiros deportivistas está claro: 'Vigo no'. Podes velo aquí.
Deportes - 01 Decembro 2009
Un directivo da Federación Internacional de Remo estivo en Castrelo de Miño, acompañado pola dirección da Federación española e galega de remo, para supervisar as instalacións deportivas deste concello e dar a súa aprobación a celebración da Copa da Xuventude en 2012...
Deportes - 24 Novembro 2009
A Selección Española de Natación Sincronizada visitará a cidade de Pontevedra na última quincena do mes de decembro. Durante a súa estancia na cidade do Lerez realizarán unha exhibición na piscina de Ponte Muíños en colaboración coa Fundación Rías do Sur, como a que fixeron no mes de marzo de 2008, cando a selección visitou tamén Pontevedra.
Deportes - 20 Novembro 2009
Baloncesto e fútbol sala acaparan as maiores axudas da Secretaría Xeral para o Deporte este ano. Así, e aínda que a Prone Lugo Asociación Deportiva, de fútbol sala, será a máis subvencionada con case 100.000 euros, o certo que son as entidades relacionadas co baloncesto as que máis axudas levan, con cantidades que superan, en moitas ocasións, os 20.000 euros. Tamén o hockey sobre herba e o voleivol saen beneficiadas nesta convocatoria. Podes ver a relación das axudas aquí.
Deportes - 04 Novembro 2009
Remítennos un vídeo dun ovetense que se "infiltra" entre os siareiros do Deportivo durante o partido que este equipo disputou en Valladolid. Máis en pepinonews.